EMOTIVO HOMENAXE A JOSÉ ÁNGEL MARTÍNEZ PARADA DURANTE O PECHE DA EXPOSICIÓN SOBRE A MISIÓN ESPAÑOLA EN AFGANISTÁN

EMOTIVO HOMENAXE A JOSÉ ÁNGEL MARTÍNEZ PARADA DURANTE O PECHE DA EXPOSICIÓN SOBRE A MISIÓN ESPAÑOLA EN AFGANISTÁN

Escrito el 03/05/2019


Non faltaron as bágoas no peche da exposición “Misión: Afganistán” que dende o pasado 16 de abril estivo a exhibirse na Casa do Concello. I é que o remate da mostra serviu para realizar unha máis que merecida homenaxe á memoria de José Ángel Martínez Parada, soldado riveirense que morrera nesta operación o 16 de agosto de 2005, causando unha fonda dor entre a veciñanza do municipio.

 

Ante a presenza dos seus pais, o alcalde Manuel Ruiz e o delegado do Ministerio de Defensa en Galicia, o coronel Antonio Bernal Martín, tiveron unhas emotivas palabras de lembranza que deu durante aquela misión o máis importante que tiña: a súa vida.

 

Despois desta mostra integrada por trinta fotografías sobre os labores humanitarios do Exército español no país asiático baixo o mandato da ONU, no mércores da vindeira semana abrirase outra exposición, neste caso dedicada a Picasso da man do Museo do Gravado de Artes.