ALUMNOS DO COLEXIO GALAXIA INTERROGARON AO ALCALDE MANUEL RUIZ SOBRE O FUNCIONAMENTO DO CONCELLO

ALUMNOS DO COLEXIO GALAXIA INTERROGARON AO ALCALDE MANUEL RUIZ SOBRE O FUNCIONAMENTO DO CONCELLO

Escrito el 06/05/2019


Unha trintena de alumnos e alumnas do colexio Galaxia estiveron a visitar este mediodía a Casa Consistorial interesados polo funcionamento da administración local.

 

No marco desta visita, tiveron ocasión de someter a un extenso interrogatorio ao alcalde, Manuel Ruiz, onde preguntaron cuestións tales como que lle moveu a presentarse como alcalde, cantos anos leva no cargo, que hai que estudar para selo, quen construíu a casa consistorial, se algunha vez estivo aquí o Rei e tamén cuestións máis persoais como que fai no seu tempo libre.

 

Antes de dar por finalizada a visita recibiron de mans do rexedor municipal uns pequenos agasallos.