CINCO USUARIOS DA ASOCIACIÓN AMICOS FAN AS SÚAS PRÁCTICAS NO CONCELLO DE RIVEIRA

CINCO USUARIOS DA ASOCIACIÓN AMICOS FAN AS SÚAS PRÁCTICAS NO CONCELLO DE RIVEIRA

Escrito el 07/05/2019


Un total de cinco usuarios da Asociación Amicos, entidade que aglutina persoas con diversidade funcional, iniciaron esta mañá as súas prácticas profesionais no Concello de Riveira.

 

Trátase de Ricardo Rama, María Elena Oujo, Miguel Antonio Cancelas, Manuel García e Marcos Sanlés, que foron recibidos polo alcalde Manuel Ruiz antes de establecerse nos seus postos de traballo.

 

As prácticas terán unha duración de 40 horas e se realizarán dende hoxe ao 20 de maio. Repartiranse en distintos servizos do municipio, como o museo, atención cidadá, deportes, servizos sociais e centro cultural Lustres Rivas.

 

A acción inscríbese no curso Operacións Auxiliares Administrativos e Xerais. Unha vez concluído, obterán o certificado de profesionalidade do Servizo Público de Emprego.