UN TOTAL DE 308 PERSOAS INSCRITAS NO BARBANZA 42K TRAIL DESTE DOMINGO

UN TOTAL DE 308 PERSOAS INSCRITAS NO BARBANZA 42K TRAIL DESTE DOMINGO

Escrito el 07/05/2019


Unha vez concluído o período de inscrición foron 308 os corredores que se animarán a participar este domingo no Barbanza 42K Trail: a dura proba que, organizada pola asociación Arousa Neo, pecha as Revolutrion Trail Series despois da celebracións das citas da Cidá, San Isidro, Portosín e Portus Apostoli.

 

Para falar dos detalles da competición compareceu no Concello Eduardo Iglesias acompañado polo edil Anxo Orellán. Iglesias explicou que haberá dúas modalidades, ambas con saída e chegada á praza García Bayón de Riveira: a de 42 kilómetros (que arrancará ás 9.30 horas) e a de 21 (que partirá ás 11 horas). Previamente, ás 9 horas, tamén haberá unha andaina en vista da boa acollida desta acción en años anteriores. Os circuítos descorrerán pola serra do Barbanza.

 

A xeito de novidade, explicou que haberá unha pequena caravana de vehículos por cortesía de Bonaval Motor para que os achegados aos deportistas poidan ir desprazándose polos puntos de avituallamento e ter así unha óptica distinta do desenvolvemento da carreira.

 

Como favoritos para levarse ás Trail Series, Iglesias citou no apartado masculino a Carlos Lorenzo e Esteban Toucedo, este último gañador da pasada edición; mentres que no feminino a Pati Martínez e Noe Riaño. Na propia proba dos 42K contan con serias aspiracións Luis Pachita e Alejandro Lago, que suman catro entorchados da anterior Ultratrail do Barbanza da que é herdeira esta cita deportiva.

 

Tanto Anxo Orellán como Eduardo Iglesias quixeron animar á veciñanza a que non deixen de ver esta espectacular proba, que pode ser posible grazas á colaboración de Asociación de Veciños de Carreira, Concello de Riveira, Revolutrion e outros patrocinadores.