COMEZAN AS PARA AGLOMERAR O CAMIÑO DE ACCESO AO COMPLEXO DEPORTIVO DA FIEITEIRA DENDE A PARROQUIA DE CASTIÑEIRAS

COMEZAN AS PARA AGLOMERAR O CAMIÑO DE ACCESO AO COMPLEXO DEPORTIVO DA FIEITEIRA DENDE A PARROQUIA DE CASTIÑEIRAS

Escrito el 08/05/2019


O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación consistente no aglomerado do camiño de acceso ao Complexo Deportivo da Fieiteira dende a parroquia de Castiñeiras.

 

A empresa Nemesio Ordóñez, S.A., é a encargada de executar estas obras, que comportan unha inversión de 42.811 euros, IVE incluído.

 

O firme do vial en cuestión atopábase bastante deteriorado, con baches e disgregacións, razón pola cal se botou unha nova capa de aglomerado co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade na circulación viaria.

 

O prazo de execución da actuación ascende a un mes e medio.