ADXUDICADAS AS OBRAS PARA A RENOVACIÓN DA REDE DE PLUVIAIS E MELLORA DA PAVIMENTACIÓN E A ACCESIBILIDADE AO PORTO DE PALMEIRA

ADXUDICADAS AS OBRAS PARA A RENOVACIÓN DA REDE DE PLUVIAIS E MELLORA DA PAVIMENTACIÓN E A ACCESIBILIDADE AO PORTO DE PALMEIRA

Escrito el 13/05/2019


O Concello de Riveira informa da adxudicacións das obras dirixidas á renovación da rede de pluviais e á mellorar e a pavimentación e a accesibilidade no porto de Palmeira.

 

De entre as 24 ofertas presentadas, actuación recaeu Excavaciones Nima, S.L.. Comporta un investimento de 45.480 euros, IVE incluído e o prazo de execución son dous meses.

 

Na zona de actuación existe unha cuneta para a recollida de augas pluviais que supón un obstáculo para acceder ao parque colindante. Ademais, as beirarrúas son moi estreitas nalgún punto e as raíces das árbores situadas na zona axardinada están xerando danos no pavimento e provocando irregularidades.

 

O obxectivo que se persegue reside en instalar unha nova liña de pluviais que permita anular a cuneta actual e construír unha beirarrúa pegada ao parque de maior anchura que a actual para mellorar a accesibilidade.

 

A rede de pluviais estará formada por 275 metros de lonxitude e incluirá a instalación de 8 pozos de rexistro e 10 arquetas. Na beirarrúa se estenderá unha capa de formigón semipulido na que se intercalarán franxas de adoquín de formigón.

 

A actuación xa está nos seus traballos preliminares.

 

Máis Riveira Atlántica

Cómpre lembrar que o proxecto Máis Riveira Atlántica reserva ademais unha partida orzamentaria para remodelar a zona do paseo que dá acceso ao peirao palmeirán.