O CONCELLO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN PARA A RENOVACIÓN DA CUBERTA DO PAVILLÓN DE SIRVES

O CONCELLO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN PARA A RENOVACIÓN DA CUBERTA DO PAVILLÓN DE SIRVES

Escrito el 14/05/2019


O Concello de Riveira vén de ver confirmada unha subvención da Xunta para a renovación da cuberta no pavillón polideportivo de Sirves, na parroquia de Olveira.

 

Esta axuda é concedida por Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ao amparo da orde de 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O importe da subvención ascende a 38.371 euros para un proxecto que ten un orzamento total de 54.817 euros, IVE incluído.

 

Conforme ao proxecto técnico elaborado polos servizos do Concello, o pavillón ten en liñas xerais un bo estado de conservación pero rexistra episódicos problemas de filtracións de auga de chuvia que deixan en ocasións a pista impracticable. Por tal motivo, o Concello pretende renovar a cuberta realizando as actuacións seguintes:

 

  • Desmontaxe da actual cuberta previa instalación dos elementos de seguridade
  • Montaxe dunha nova cuberta a base de panel sandwich nervado, de 30 milímetros de espesor, formado por dúas chapas de aceiro prelacado con illamento entre ambas de espuma de poliuretano ríxido.
  • Remate da cuberta
  • Subministro e colocación de canalón na fachada principal
  • Apertura de ocos na fachada norte e colocación de fiestras.

 

O prazo de execución ascende a un mes e medio.