CORENTA NADADORES PARTICIPARÁN NA TRAVESÍA A NADO AROUSA MAN QUE UNIRÁ O GROVE CON RIVEIRA PARA VISUALIZAR O DANO CEREBRAL

CORENTA NADADORES PARTICIPARÁN NA TRAVESÍA A NADO AROUSA MAN QUE UNIRÁ O GROVE CON RIVEIRA PARA VISUALIZAR O DANO CEREBRAL

Escrito el 15/05/2019


Un total de corenta nadadores de catro países van participar o vindeiro 27 de xuño na terceira edición de ArousaMan: travesía a nado entre O Grove e Riveira nacida co obxectivo de visualizar o dano cerebral.

 

A cita foi presentada polo seu promotor Juan Ramón Martínez, xunto co seu irmá Manuel Martínez (“Manolo Nacho”), aqueixado de dana cerebral adquirido (DCA); de Concha Otero como vicepresidenta da asociación de Adela, de Cristina Calviño e Guillermo Díaz, futura e antigo participante na proba; e do alcalde Manuel Ruiz.

 

Coroso

Juan Ramón Martínez destacou que a dureza de atravesar a nado a ría de Arousa constitúe, coas súas dificultades como as correntes ou as baixas temperaturas, unha metáfora do que é convivir co dano cerebral, de aí a idea de emprender esta iniciativa que cumpre xa a súa terceira edición. Os corenta nadadores (dos que só dous son riveirenses, mentres que outros procederán de Madrid, Valencia, Valladolid, Málaga, País Vasco e mesmo de Arxentina, Reino Unido e Italia) partirán ás 9 da mañá dende O Grove con previsión de chegar entre as 13 e as 14 horas á praia de Coroso.

 

Concha Otero, de Sarela, advertiu de que só en Galicia hai 35.000 persoas con dano cerebral, o 80% de ictus, e salientou que hai que visualizar moito máis esta doenza e agradeceu o labor que está realizando a organización de ArousaMan. Tamén salientou que dende fai unhas semanas o Hospital da Barbanza conta cun punto informativo especializado sobre o DCA cunha traballadora social do centro todos os martes de 10 a 13 horas.

 

Guillermo Díaz contou a súa experiencia na travesía do 2017, na que chegou a vivir momentos complicados, mentres que Cristina Calviño mostrouse moi mentalizada para realizar esta dura proba.

 

O alcalde Manuel Ruiz fixo un chamamento á cidadanía a acompañar a Manolo Nacho na praia de Coroso esperando polos nadadores e recordou que ninguén de nós estamos exentos de sufrir dano cerebral.