COMEZAN A OBRAS PARA INSTALAR NOVAS BEIRARRÚAS E PLUVIAIS NA CAPELA EN CARREIRA

COMEZAN A OBRAS PARA INSTALAR NOVAS BEIRARRÚAS E PLUVIAIS NA CAPELA EN CARREIRA

Escrito el 16/05/2019


O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación consistente na instalaciçon de beirarrúas e pluviais no entorno da Capela en Carreira.

 

Conforme ao proxecto elaborado polos servizos do Concello, estase a construír un tramo de 146 metros de beirarrúas coas que mellorar a seguridade viaria e tamén unha liña de pluviais que descorrerá paralela a aquelas.

 

As obras están sendo executadas por Alberto Pérez Sampedro. Comportan un investimento de 31.812 euros e o prazo de execución é dun mes e medio.