A Deputación da Coruña cofinancia dous proxectos de educación e apoio á muller en Perú

A Deputación da Coruña cofinancia dous proxectos de educación e apoio á muller en Perú

Escrito el 17/05/2019


O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu á misioneira galega Maria Carmen Gómez Calleja, da congregación das siervas de San Xosé, que desenvolve en colaboración coa Fundación Taller de Solidaridad diversos proxectos de cooperación internacional cofinanciados pola institución provincial coruñesa en Perú.

A misioneira galega agradeceu a colaboración e solidariedade da Deputación para desenvolver “proxectos que axudan a mellorar a calidade de vida de moitas persoas” no país andino.

“As axudas de cooperación internacional da Deputación fan viable o noso traballo. Sen este apoio non sería posible. Sentimos orgullo dunha España que mira máis alá do seu país”, afirmou Carmen Gómez, que explicou ao presidente os dous proxectos financiados con 18.000 euros pola institución provincial nos últimos anos en Perú, un deles para o fortalecemento do centro de atención á muller de Wasi Nazaret, en Checacupe, e outro para a ampliación e mellora das instalación do colexio San José de Chiriaco, no Amazonas.

González Formoso interesouse polos detalles de ambos proxectos de cooperación internacional e manifestou a súa satisfacción porque a solidariedade coruñesa “chegue a centos de mulleres e nenos en idade escolar destas rexións peruanas e axude a mellorar as súas vidas”.