RECEPCIÓN A TRES FUTBOLISTAS RIVEIRENSES QUE PARTICIPARON COA SELECCIÓN GALEGA FEMININA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 12

RECEPCIÓN A TRES FUTBOLISTAS RIVEIRENSES QUE PARTICIPARON COA SELECCIÓN GALEGA FEMININA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 12

Escrito el 20/05/2019


O alcalde Manuel Ruiz recibiu esta tarde a tres rapazas riveirenses que veñen de participar coa Selección Galega no Campionato de España de Fútbol sub12 celebrado entre os días 1 e 3 de maio en Mislata (Valencia).

 

Trátase de Yaiza García Pérez, Laura Santos e Laura Ruiz, que acudiron ao salón de plenos do Consistorio arroupados por numerosos familiares, amigos e compañeiros na práctica do balompé (unha delas xoga no Atlético Riveira, outra no Xuventú de Aguiño e outra no Oroso).

 

A selección autonómica impúxose ao Murcia por 4-0 e ao Navarra por 2-1, para empatar despois 2-2 contra o Cataluña e caer co Madrid por 2-1, realizando unha moi meritoria participación.