O CONCELLO DE RIVEIRA IMPULSA UN PLAN PARA OFRECER ASESORAMENTO INDIVIDUAL E FORMACIÓN GRUPAL A EMPRENDEDORES

O CONCELLO DE RIVEIRA IMPULSA UN PLAN PARA OFRECER ASESORAMENTO INDIVIDUAL E FORMACIÓN GRUPAL A EMPRENDEDORES

Escrito el 21/05/2019


O Concello de Riveira acaba de dar luz verde a un acordo coa Fundación Ronsel para proporcionar asesoramento e formación grupal gratuítos a emprendedores do noso municipio. Así se aprobou na última xunta de goberno local.

 

Nacida no 2000, a Fundación Ronsel é unha entidade benéfico-docente inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas e fomentar a súa inserción sociolaboral. Colabora con distintas administracións públicas como o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a Xunta de Galicia ou a Deputación e forma parte do Plan Galego de Inclusión Social, EAPN Galicia (Rede Galega contra a Pobreza), a Rede Eusumo e a Fundación Youth Business Spain, ademais de estar adherida á ‘Estrategia de Emprendimiento y Empleo Joven do Goberno de España’.

 

A tal efecto, integrantes da devandita fundación acudirán cada mes ao noso concello para proporcionar formación individual a través de entrevistas presenciais de entre 60 e 90 minutos de duración aos emprendedores.

 

De igual xeito, levarán a cabo talleres de formación práctica aplicables para a mellora de competencias e a definición do modelo de negocio ou plan de empresa.

 

Os detalles do emprazamento deste novo servizo e datas de celebración concretaranse en breves datas.