O Concello de Noia inicia as obras para a instalación dunha nova soleira no parque infantil de San Lázaro

O Concello de Noia inicia as obras para a instalación dunha nova soleira no parque infantil de San Lázaro

Escrito el 21/05/2019


O Concello de Noia vén de iniciar as obras para a instalación dunha nova soleira no parque infantil de San Lázaro, emprazado a carón das instalacións deportivas. Unhas obras que contan cun orzamento de 30.335 euros, que tamén inclúe a mellora do parque infantil de Orro.

 

A concelleira de Parques e Xardíns, Mariola López Cierto, explica que no parque de San Lázaro “instalaremos unha nova soleira para amortecer os golpes nas caídas e colocaremos un pavimento de caucho nas bases e nos perímetros dos xogos como fixemos nos distintos parques infantís do municipio”. Estas obras están financiadas con cargo ao Remanente de Tesourería e foron aprobadas inicialmente no pleno do pasado mes de marzo e definitivamente no pleno de abril, tras desestimar unha alegación presentada.