GALICIA MOBILIZARÁ MÁIS DE 5M€ PARA MELLORAR OS PARQUES EMPRESARIAIS DE 51 CONCELLOS, DOS QUE 32 SON EMPRENDEDORES

GALICIA MOBILIZARÁ MÁIS DE 5M€ PARA MELLORAR OS PARQUES EMPRESARIAIS DE 51 CONCELLOS, DOS QUE 32 SON EMPRENDEDORES

Escrito el 22/05/2019


A Xunta favorecerá a mobilización de 5,34 millóns de euros en proxectos para mellorar os parques empresariais de 51 municipios de Galicia, dos que 32 eran Concellos Emprendedores no momento de realizar a solicitude, o que lles deu prioridade na concesión das axudas. En concreto, a través deste programa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará 4,05 millóns de euros para a execución dun total de 57 actuacións que permitirán impulsar as infraestruturas dos polígonos.

 

Do total de proxectos aprobados, a maioría (38) terá como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos, aínda que tamén se desenvolverán iniciativas para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia (6), para plantas de depuración de auga , xestión de residuos e colectores con verquido á depuradora municipal (8) ou instalacións contraincendios e contra roubo de cable (5). Desenvolveranse en 51 concellos galegos -dos que 32 son Concellos Emprendedores, é dicir, aqueles adheridos ao convenio entre Xunta e Fegamp para impulsar a captación de novos investimentos empresariais-.

 

Entre as iniciativas que se van realizar, destacan a mellora do saneamento do parque empresarial da Gudiña (Ourense); a reparación de viais no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense); ou a mellora de infraestruturas viarias no polígono Augalevada de Noia (A Coruña). Por provincias, dos 57 proxectos incluídos nesta resolución, 21 pertencen á Coruña (1,52M€ en axudas), 15 a Ourense (1,1M€), 11 a Lugo (máis de 0,8M€) e 10 a Pontevedra (máis de 0,6M€).

 

A resolución súmase á dos viveiros industriais, que nesta edición concedeu 1,5M€ para sete proxectos de construción, reforma ou equipamento de naves industriais destinadas a viveiros industriais de empresas nos que se investirán un total de 2,36M€ e que poderán albergar a 29 compañías e xerar 40 empregos.

 

Con estas novas axudas, nas que os Concellos Emprendedores tiveron preferencia, a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e o desenvolvemento das súas infraestruturas, co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade e co apoio ao emprendemento, liñas que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia.

 

 

CONCELLOS BENEFICIARIOS

 

A CORUÑA

 

CONCELLO

POLIGONO INDUSTRIAL

INVESTIMENTO

AXUDA CONCEDIDA

CONCELLO EMPRENDEDOR

SANTA COMBA

PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA

149.749,60 €

119.799,68 €

BOIRO

PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA

61.783,42 €

49.426,74 €

BOIRO

PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA

116.306,47 €

93.045,17 €

DODRO

POLÍGONO INDUSTRIAL DE DODRO

39.490,24 €

31.592,19 €

COIRÓS

PEDRAPARTIDA

76.092,65 €

60.874,12 €

NOIA

AUGALEVADA - NOIA

85.309,85 €

68.247,88 €

BOQUEIXÓN

POLÍGONO INDUSTRIAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN)

117.536,25 €

94.029,00 €

ORDES

POLÍGONO EMPRESARIAL DE ORDES

116.749,84 €

93.399,87 €

OROSO

PARQUE EMPRESARIAL DE SIGÜEIRO

164.017,80 €

120.000,00 €

AMES

PARQUE EMPRESARIAL NOVO MILLADOIRO

85.741,79 €

68.593,43 €

CARBALLO

POLÍGONO INDUSTRIAL DE BÉRTOA - CARBALLO

114.485,80 €

91.588,64 €

RIBEIRA

POLÍGONO INDUSTRIAL DE XARAS

119.600,08 €

95.680,06 €

NARÓN

RÍO DO POZO

117.279,48 €

93.823,58 €

A LARACHA

PARQUE EMPRESARIAL DA LARACHA

119.979,67 €

95.983,74 €

CERCEDA

POLÍGONO INDUSTRIAL DO ACEVEDO

119.000,02 €

95.200,02 €

NON

CERCEDA

POLÍGONO INDUSTRIAL DE ACEVEDO

48.324,51 €

38.659,61 €

NON

ZAS

O ALLO

21.727,23 €

17.381,78 €

NON

CEE

PARQUE EMPRESARIAL CONCELLO DE CEE

20.215,84 €

16.172,67 €

NON

BETANZOS

PIADELA

34.098,68 €

27.278,94 €

NON

OLEIROS

POLÍGONO INDUSTRIAL DE IÑÁS

167.421,81 €

120.000,00 €

NON

BERGONDO

BERGONDO

150.000,00 €

36.760,78 €

 

NON

 

 

 

 

LUGO

 

CONCELLO

POLIGONO INDUSTRIAL

INVESTIMENTO

AXUDA CONCEDIDA

CONCELLO EMPRENDEDOR

COSPEITO

MUIMENTA

42.997,62 €

34.398,10 €

O SAVIÑAO

O PEAGO

51.116,45 €

40.893,16 €

TABOADA

POLÍGONO INDUSTRIAL DE TABOADA

72.545,59 €

58.036,47 €

CERVO

PARQUE EMPRESARIAL DE CUIÑA

129.736,01 €

103.788,81 €

OUTEIRO DE REI

PARQUE EMPRESARIAL DE OUTEIRO DE REI

142.307,36 €

113.845,89 €

FRIOL

POLÍGONO INDUSTRIAL A GÁNDARA DE FRIOL

43.118,35 €

34.494,68 €

NON

RÁBADE

RÁBADE

85.782,65 €

68.626,12 €

NON

A PASTORIZA

O ACEBREIRO A PASTORIZA

92.533,18 €

74.026,54 €

NON

PORTOMARÍN

POLÍGONO INDUSTRIAL E COMERCIAL DE PORTOMARÍN

108.130,10 €

86.504,08 €

NON

BECERREÁ

PARQUE EMPRESARIAL DE BECERREÁ

102.247,76 €

81.798,21 €

NON

BEGONTE

POLÍGONO INDUSTRIAL DE BEGONTE

142.713,63 €

114.170,90 €

NON

 

 

 

OURENSE

 

CONCELLO

POLIGONO INDUSTRIAL

INVESTIMENTO

AXUDA CONCEDIDA

CONCELLO EMPRENDEDOR

SAN CRISTOVO
DE CEA

P. I. DE SAN CRISTOVO DE CEA

150.000,00 €

120.000,00 €

SAN CRISTOVO
DE CEA

P. I. DE SAN CRISTOVO DE CEA

140.337,20 €

112.269,76 €

O BARCO DE VALDEORRAS

A RAÑA

278.613,05 €

120.000,00 €

SAN CIBRAO
DAS VIÑAS

POLÍGONO INDUSTRIAL BARREIROS

104.734,83 €

83.787,86 €

SAN CIBRAO
DAS VIÑAS

POLÍGONO INDUSTRIAL SAN CIBRAO DAS VIÑAS- DAVID FERRER

104.626,36 €

83.701,09 €

A GUDIÑA

A GUDIÑA

102.081,01 €

81.664,81 €

PONTEDEVA

TRADO PONTEDEVA

117.268,42 €

93.814,74 €

O CARBALLIÑO

ÁREA EMPRESARIAL DO CARBALLIÑO

48.397,93 €

38.718,34 €

O CARBALLIÑO

ÁREA EMPRESARIAL DO CARBALLIÑO

4.328,18 €

3.462,54 €

CORTEGADA

A CANCELA

147.292,74 €

117.834,19 €

O PEREIRO
DE AGUIAR

PARQUE EMPRESARIAL DO PEREIRO DE AGUIAR

45.776,96 €

36.621,57 €

NON

O PEREIRO
DE AGUIAR

PARQUE EMPRESARIAL DO PEREIRO DE AGUIAR

266,09 €

212,87 €

NON

CELANOVA

PARQUE EMPRESARIAL DE CELANOVA

11.924,37 €

9.539,50 €

NON

ALLARIZ

POLÍGONO INDUSTRIAL DE CHORENTE

120.000,00 €

96.000,00 €

NON

XINZO DE LIMIA

XINZO DE LIMIA

145.562,37 €

101.893,66 €

NON

 

 

 

 

 

PONTEVEDRA

 

CONCELLO

POLIGONO INDUSTRIAL

INVESTIMENTO

AXUDA CONCEDIDA

CONCELLO EMPRENDEDOR

A CAÑIZA

RIBADIL

27.284,51 €

21.827,61 €

A CAÑIZA

UCEIRA

33.381,98 €

26.705,58 €

RIBADUMIA E CAMBADOS

POLÍGONO INDUSTRIAL DO SALNÉS

138.000 €

110.400 €

VILAGARCÍA DE AROUSA

PARQUE EMPRESARIAL DE TRABANCA BADIÑA

49.457,60 €

39.566,08 €

A LAMA

RACELO

48.318,83 €

38.655,06 €

VALGA

CAMPAÑA

116.039,01 €

92.831,21 €

DOZÓN

DOZÓN

147.822,49 €

118.257,99 €

PONTE CALDELAS

A REIGOSA

6.060,54 €

4.848,43 €

NON

CATOIRA

PARQUE EMPRESARIAL DE CATOIRA

106.887,99 €

85.510,39 €

NON

BUEU

CASTIÑEIRAS

92.871,07 €

74.296,86 €

NON