O CONCELLO INICIA O EXPEDIENTE PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA EN IÑEIRAS, RÚA FRANCISCO LORENZO MARIÑO E ABESADAS

O CONCELLO INICIA O EXPEDIENTE PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA EN IÑEIRAS, RÚA FRANCISCO LORENZO MARIÑO E ABESADAS

Escrito el 24/05/2019


O Concello de Riveira informa do inicio do expediente para sacar a contratación a mellora da seguridade viaria en Iñeiras (Olveira), Francisco Lorenzo Mariño (Aguiño) e Abesadas (Santa Uxía).

 

O orzamento desta actuación ascende a un total 47.555 euros, IVE incluído, e o seu prazo de execución son dous meses.

 

Polo que respecta a Iñeiras, preténdese substituír as actuais beirarrúas a base de zahorra compactada por un novo pavimento de formigón pulido, intercalando tamén adoquín de formigón.

 

En canto á rúa Francisco Lorenzo, a parte destinada a viandantes da zona onde se vai actuar presenta  un pavimento formado por soleiras de formigón que se pretende cambiar por unha nova infraestrutura de baldosa hidráulica con bordillo de formigón.

 

Por último, en Abesadas, a área de actuación ten pavimento de terra e instalaranse beirarrúas de baldosa hidráulica e acondicionarase a entrada das fincas.