A XUNTA ELIMINA UN PUNTO DE VERTIDO AO RÍO LARGO NO LUGAR DE SIRVES, NO CONCELLO DE RIBEIRA

A XUNTA ELIMINA UN PUNTO DE VERTIDO AO RÍO LARGO NO LUGAR DE SIRVES, NO CONCELLO DE RIBEIRA

Escrito el 25/05/2019


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de eliminar un punto de vertido que afectaba ao río Largo, tamén coñecido como río Vilaverde, ao seu paso polo lugar de Sirves, en Ribeira.

 

As emisións contaminantes foron identificadas polos inspectores de Augas de Galicia na parroquia Olveira, no marco das labores rutineiras de control no citado municipio. Os resultados analíticos detectaron a presenza de contaminación a través dunha rede para a recollida de augas pluviais e naturais que desauga na marxe esquerda do citado curso fluvial.

 

A problemática detectada foi posta en coñecemento do Concello de Ribeira para que  procedese a adoptar accións correctivas para a súa emenda.

 

A Xunta efectuou recentemente a inspección de seguimento no lugar, na que se comprobou que o concello executou actuacións en materia de saneamento, a través da posta en servizo dun colector de saneamento e sistema de impulsión para a recollida das augas residuais xeradas no lugar de Sirves.

 

Ademais os técnicos de Auga de Galicia procederon á realización dun novo control analítico na mesma zona do río, cuns resultados que confirmaron a ausencia de emisións contaminantes no punto de vertido.