COMEZAN AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN NUN TRAMO DA RÚA LUGO EN SANTA UXÍA DE RIVEIRA

COMEZAN AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN NUN TRAMO DA RÚA LUGO EN SANTA UXÍA DE RIVEIRA

Escrito el 28/05/2019


O Concello de Riveira informa de que esta mañá arrancaron as obras de humanización nun tramo da céntrica rúa Lugo na cidade de Santa Uxía.

 

Operarios da empresa Xestión Ambiental de Contratas procederon a iniciar uns traballos que inclúen a instalación de plataforma única entre a súa confluencia coa praza do Concello ata o cruce con Cristóbal Colón.  O aglomerado da calzada será substituído por un pavimento de formigón semipulido intercalado con franxas transversais formadas por lousas de granito de 60x40x8 cm, en tanto que as beirarrúas serán de granito silvestre de 60x40x4.

 

Rosalía de Castro

Acto seguido, os labores proseguirán en Rosalía de Castro, onde tamén se colocarán estas materiais dende a altura de Marcial del Adalid ata o entronque co tramo peonil.

 

As obras comportan un investimento de 163.298 euros, IVE incluído, e o prazo de execución, tres meses.

 

Proséguese así o proceso de humanización da cidade e mellora da accesibilidade, cun cambio de xerarquía no que os peóns gañen en prioridade respecto aos vehículos a motor, que seguirán circulando por estas vías.

 

Na primeira etapa da obra os traballos vanse focalizar nas beirarrúas da rúa Lugo e mentres duren os mesmos seguirá aberta ao tráfico rodado.