Renovación dos órganos de goberno do Colexio de Arquitectos de Galicia

Renovación dos órganos de goberno do Colexio de Arquitectos de Galicia

Escrito el 28/05/2019


O Colexio de Arquitectos de Galicia celebrou onte luns, 27 de maio, eleccións para a Xunta de Goberno –nos tres cargos directivos de decano-presidente, secretario, tesoureiro-contador e para os cinco postos de vogais–, e o cargo de presidente da Xunta Directiva da Delegación de Pontevedra. Os cargos de secretario e tesoureiro da delegación pontevedresa e as seis delegacións restantes –A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo– tiveron unha soa candidatura polo que se proclamaron electas.

 

Os candidatos electos e os candidatos sometidos aos comicios tomarán posesión dos seus cargos nunha Xunta Xeral Ordinaria que se celebrará no mes de xuño. Os elixidos para os cargos desempeñarán a súa función ata 2022.

 

Xunta de Goberno:

 

Decana: Elena Ampudia Aixendri

Secretaria: Elvira Carregado Pazos

Tesoureira: Alicia Romaní Bóveda

- Vogais Xunta de Goberno: Emma Noriega García, Ana Isabel Couto Pérez e Ramón Montero Cereijo

- Vogal da Xunta de Goberno por A Coruña: Clara González Gil

- Vogal da Xunta de Goberno por Vigo: Antonio Davila Alonso

 

Elena Ampudia Aixendri é arquitecta pola Escola de Arquitectura de A Coruña, colexiada desde o ano 2002. Naceu en 1973 en Andorra la Vella e trasladouse a vivir a León cando tiña nove anos, onde estudou ata que se mudou á Coruña para realizar a súa formación como arquitecta. Desde 2002 traballa na profesión libre por conta propia e en colaboración con outros compañeiros, realizando proxectos en diversos ámbitos, así como informes, certificados e traballos relacionados co sector.

 

Elena Ampudia presentouse por primeira vez como candidata a decana do Colexio de Arquitectos de Galicia nestas eleccións, liderando a candidatura de (RE)nuevaconga, unha proposta independente e comprometida co futuro do Colexio que pretende poñer a institución ao servizo dos colexiados e defender os intereses profesionais dos seus membros.

 

 

 

 

 

 

 

Xunta Directiva da Delegación de Pontevedra:

 

- Presidente: Anselmo Villanueva Peón

 

Anselmo Villanueva Peón (Marín, 1981). Arquitecto pola ETSEIA Segovia, coa especialización en urbanismo e intervención en patrimonio histórico. Mestrado en construción arquitectónica pola Universidade da Coruña. Colaborou facendo prácticas no estudio do Arquitecto César Portela do 2001 o 2004 participando na elaboración de documentación para a exposición monográfica “César Portela, arquitecto” no Museo MARCO de Vigo en 2003 e 2004. Publicou en revistas de investigación, destacando artigos sobre arquitectura e urbanismo como o publicado na revista arte2o da Universidade Complutense de Madrid, “Peter Eisenman, el centro del debate”.

 

Foi xefe de obra da Residencia de Suboficiais e Enfermería, do Campo de fútbol Roger de Lauria, da renovación das vivendas do 7º sector e da Residencia de Oficiais da ENM.

 

Abriu estudo de arquitectura en Marín en 2007, desenvolvendo proxectos en distintos lugares do Estado. Entre os proxectos realizados destacan a mellora da mobilidade urbana en Bergamo (proxecto seleccionado na exposición LIPAU 2003,  xunto con Joana Pinho da Costa), recuperación de Lavadoiros no Concello de Marín, rehabilitación do patio Sur da Praza de Abastos de Marín, recuperación en intervención nos Muíños de Barosa en Barro e deseño de Mobiliario urbano.

 

Foi secretario da Delegación de Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia desde 2015 ata a actualidade.

 

 

Candidaturas únicas e electas:

 

 

-Delegación da Coruña:

- Presidente: Roberto Costas Pérez

- Secretario: Óscar Pedrós Fernández

- Tesoureira: Julia Álvarez García

 

Roberto Costas Pérez (A Coruña, 1973). Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña no ano 2000. Con estudio propio desde 2002, conta cunha ampla experiencia na redacción e dirección de proxectos de ámbitos moi diversos. Interesado nas novas tecnoloxías aplicadas ao sector da edificación é formador BIM (Building Information Modelling) certificado,  e está centrado actualmente na creación arquitectónica, a docencia e a consultoría. É presidente da Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia desde maio de 2015.

 

 

 

 

 

 

 

-Delegación de Ferrol:

Presidenta: Carmen Pérez Parapar

Secretaria: María de la Concepción Laborda Alberto

Tesoureiro: José Manuel López Leira

 

Carmen Pérez Parapar (A Coruña, 1983) es titulada en Arquitectura pola Universidade da Coruña en 2011 na especialidade de Urbanismo. Foi a gañadora do Premio “Proxecto Fin de Carreira” nos XV PREMIOS COAG polo proxecto “Desenvolvemento Rural Integral da Comunidade Agraria María del Mar, Guatemala”.

 

Inicia a súa actividade profesional en 2011 como profesional liberal colaborando en diversos estudios de arquitectura e deseño na Coruña, ata que en 2013 funda conxuntamente con Ramón Montero Cereijo estudio propio en Ferrol, desenvolvendo numerosos proxectos de ámbito público e privado, enfocando principalmente o seu traballo cara a rehabilitación e conservación do patrimonio arquitectónico, así como a un enfoque social da disciplina. Conta con proxectos publicados tanto en plataformas dixitais como en publicacións impresas de ámbito académico.

 

-Delegación de Santiago:

Presidente: Ángel Cid Carballo

Secretaria: Susana Rodríguez Carballido

Tesoureira: Carmen Rey López

 

Ángel Cid Carballo (Pontevedra, 1964). Arquitecto pola Escuela Técnica Superior de Arquitectura da Universidad de Madrid en 1990. Tras os inicios na práctica profesional en 1991, fundou en 2009 o estudio 2C ARQUITECTOS. Destacan obras como a rehabilitación e ampliación do edificio da Audiencia Provincial en Pontevedra, a reurbanización da rúa de Sar en Santiago de Compostela, a nova fachada do Hospital Provincial de Conxo en Santiago, a estación marítima, de Vilanova de Arousa, o novo mercado municipal de Riveira, e o estudo para a ampliación do Hospital Clínico de Santiago.

 

En relación á actividade colexial, Ángel Cid foi presidente da Comisión de asuntos tecnolóxicos da Delegación de Pontevedra do Colexio de Arquitectos de 1993 a 1996 e presidente e director técnico da Comisión de Asuntos Tecnolóxicos do Colexio de Arquitectos de Galicia de 1996 a 2001, entre outras cuestións.

 

-Delegación de Lugo:

Presidenta: Carmen Figueiras Lorenzo

Secretario: Raúl J. Veiga Lamelas

Tesoureira: Mónica Folgueira Cobas

 

Carmen Figueiras (Lugo, 1979). Arquitecta pola ETSA de Sevilla, con catorce anos de  traxectoria profesional no ámbito da arquitectura. Nos seus principios como arquitecta colaborou con diferentes estudos de arquitectura. Dende 2011 traballa co seu propio equipo co que ten gañado diversos premios en concursos de ideas nacionais e internacionais ademais de recoñecemento por parte do CSCAE pola calidade da súa obra construída.

 

 

 

-Delegación de Ourense:

Presidente: Rafael Castro Armesto

Secretario: Abel Mares González

Tesoureira: Marta Feijóo Gil

 

Rafael Castro Armesto (Caracas, 1975). Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña en 2003. É socio fundador do estudio de arquitectura Dousdé de Ourense, onde traballa xunto a Sandra González desde 2005. Ao longo destes anos realizaron obras en diferentes puntos de Galicia, no campo da arquitectura, urbanismo e interiorismo. Recibiron diversos premios Gran de Area pola vivenda unifamiliar en Tibiás en 2018, e outras distincións.

 

-Delegación de Pontevedra:

     Secretaria: María Luisa Pierres López

Tesoureiro: Carlos Berride Abalo

 

-Delegación de Vigo:

Presidente: Manuel Martínez Carazo

Secretaria: María Mariño de Oya

Tesoureira: Sonia Mª Alvarado Peiteiros

 

Manuel Martínez Carazo (Vigo, 1977). Arquitecto pola Universidad Alfonso X El Sabio de Madrid en 2003. A través do Programa Erasmus realizou o Proxecto Fin de Carreira en Italia, na Facultade de Arquitectura 'La Sapienza' de Roma, e o ano seguinte traballar en Holanda no Estudo de Bastiaan Jongerius Architecten b.v. en Amsterdam. Este período foi enormemente enriquecedor para o arquitecto e permitiulle coñecer outras formas de traballar e entender a arquitectura.

 

De volta en Vigo, compaxinou durante tres anos traballar en estudios de arquitectura, ademais de especializase no deseño de Iluminación arquitectónica profesional (Lighting Designer). En 2007 comezou a súa propia aventura como profesional independente. En 2007 e 2009 gañou diferentes Premios Gran de Area do Colexio de Arquitectos. Actualmente, desenvolve a maior parte da súa actividade profesional como deseñador de iluminación arquitectónica. Destacan proxectos de alto nivel como a iluminación paisaxística da Cidade da Cultura de Galicia no Gaiás en 2015, a iluminación da Biblioteca e Arquivo Histórico de Baiona en 2015, ou o proxecto de iluminación da recuperación e posta en valor da muralla do Castro en Vigo en 2016.