ACTUACIÓN DO CONTACONTOS ANXO MOURE NO CENTRO CULTURAL LUSTRES RIVAS

ACTUACIÓN DO CONTACONTOS ANXO MOURE NO CENTRO CULTURAL LUSTRES RIVAS

Escrito el 29/05/2019


O Centro Cultural Lustres Rivas acollerá esta fin de semana un novo Sábado de Conto na Biblioteca Municipal.

 

Nesta ocasión, Anxo Moure ofrecerá a actuación titulada “Unha árbore vén e vernos”, orientada a nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias e que dará comezo ás 12 do mediodía.

 

Con esta proposta arranca unha nova edición do Xuño da Cultura e as Artes cuxa programación será dada a coñecer integramente nos próximos días.