A Deputación da Coruña acolle un encontro nacional sobre os arquivos provinciais

A Deputación da Coruña acolle un encontro nacional sobre os arquivos provinciais

Escrito el 30/05/2019


A sede da Deputación da Coruña acolle entre hoxe e mañá o XIX Encuentro Nacional de Archiveros de Diputaciones, Consejos Insulares y Cabildos. O foro foi inaugurado polo hoxe polo presidente en funcións da Deputación, Valentín González Formoso, a Oficial Maior da institución, Amparo Taboada, e a directora do Arquivo Provincial, Carmen Molina.

 

Preto de medio centenar de responsables de arquivos provinciais de toda España participan durante estes días no simposio, que se celebra baixo o lema ““Deseñar os arquivos do século XXI” e no que debaterán e compartirán as problemáticas profesionais e experiencias de boas prácticas nos diferentes arquivos de todo o país.

 

O presidente en funcións da Deputación, Valentín González Formoso, deu a benvida á Coruña aos asistentes e defendeu “a sensibilidade” do goberno provincial coa necesidade de conservar e dixitalizar os diferentes arquivos municipais e o propio arquivo provincial “xa que facelo permite que a cidadanía poda ter acceso a documentos que forman parte da nosa propia historia”.

 

A Oficial Maior da Deputación e responsable do Arquivo Provincial, Amparo Taboada, destacou o traballo realizado pola institución provincial neste ámbito e manifestou o seu desexo de que o encontro sexa útil para avanzar en retos coma a transición cara ao Aqruivo electrónico único, que debe estar implantado antes de que remate o 2020.

 

Programa do encontro

 

Durante a mañá de hoxe responsables dos arquivos das Deputacións de Cáceres, Castellón, Córdoba, Sevilla, Tarragona e A Coruña explicaron as súas experiencias no funcionamento do arquivo electrónico.

 

 

 

 

 

 

Xa pola tarde terá lugar a mesa de traballo “Asistencia técnica aos arquivos municipais”, despois da cal os participantes terán oportunidade de observar a vista panorámica da Coruña dende a terraza superior da Deputación e de visitar a Cidade Vella herculina.

 

Durante a xornada de mañá venres presentaranse os modelos de xestión de documentos electrónicos e de disfusión da labor do arquivo de deputacións coma as Sevilla, Tarragona e Toledo.