CONVOCADA A CONTRATACIÓN DE 3 XEFES DE PRAIA, 25 SOCORRISTAS ACUÁTICOS E 10 TERRESTRES PARA VIXIAR OS AREAIS DE RIVEIRA

CONVOCADA A CONTRATACIÓN DE 3 XEFES DE PRAIA, 25 SOCORRISTAS ACUÁTICOS E 10 TERRESTRES PARA VIXIAR OS AREAIS DE RIVEIRA

Escrito el 29/05/2019


O Concello de Riveira informa de que tal e como anuncia hoxe o BOP foi convocada a contratación de 3 xefes de praia, 25 socorristas acuáticos e 10 socorristas terrestres para atender os areais do municipio riveirense.

 

Segundo as bases reguladoras, o obxecto desta convocatoria reside en formar unha listaxe para a contratación temporal destes 38 efectivos. A duración dos contratos será de dous meses e dez días, prevíndose o inicio da relación laboral o 1 de xullo aínda que en función das necesidades do servizo e, sobre todo, das condicións meteorolóxicas poderíase adiantar  ou retrasar. Ademais, poderase ampliar a duración dos contratos naqueles areais que se considere preciso.

 

Corresponderán aos xefes de praia levar a cabo a dirección do equipo de persoas asignado á súa praia, a xestión dos recursos en canto a urxencias e posta en marcha de dispositivos de actuación e prevención, así como os protocolos de servizo preventivo; realizar o control da disposición e estado tanto das instalacións como do material e elaborar informes para actuacións destacables e incidencias.

 

As funcións dos socorristas son as seguintes: prever accidentes ou situacións de emerxencia nas praias do municipio realizando tarefas de vixilancia e información; rescatar persoas en casos de accidente ou situación de emerxencia; asistir como primeiro intervinte no caso de accidente ou situación de emerxencia; velar pola seguridade dos usuarios das praias do municipio previndo situacións potencialmente perigosas realizando unha vixilancia permanente e eficiente e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia.

 

O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días naturais. As bases e o resto da documentación están publicadas na páxina web www.riveira.gal.