A Deputación da Coruña lamenta o falecemento da deputada Ánxela Franco

A Deputación da Coruña lamenta o falecemento da deputada Ánxela Franco

Escrito el 02/06/2019


A Deputación da Coruña mostra o seu pesar polo falecemento da deputada Ánxela Franco, responsábel no último mandato das áreas de Igualdade e Servizos Sociais.

 

A deputada Ánxela Franco formou parte do goberno da Deputación da Coruña nestes últimos catro anos en que desenvolveu un intenso labor botando a andar programas como Compartimos Plan, Plan de Acción de Servizos Sociais "Rede de Concellos para o Benestar" ou Dicoruna Accesible ademais de proxectos para contribuír á eliminación da violencia machista como Suprime o control ou Quen dixo medo.

 

Ánxela Franco estaba convencida de que as institucións tiñan que apoiar ás persoas máis desfavorecidas e iso foi o que defendeu con enerxía desde o goberno da Deputación da Coruña.

 

O presidente e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e Goretti Sanmartín Rei, os demais membros do goberno e toda a corporación lamenta o seu pasamento.