O XUÑO DA CULTURA E AS ARTES REGRESA NA SÚA OITAVA EDICIÓN CUN TOTAL DE 211 CITAS

O XUÑO DA CULTURA E AS ARTES REGRESA NA SÚA OITAVA EDICIÓN CUN TOTAL DE 211 CITAS

Escrito el 31/05/2019


A partir de mañá sábado regresa o Xuño da Cultura e as Artes cunha nutridísima programación composta por un total de 211 citas que se prolongará ata o último día de mes. Para dar conta das mesmo compareceron hoxe no Consistorio o alcalde Manuel Ruiz e o concelleiro de Xuventude e Educación David Fernández.

 

Ruiz Rivas recordou como esta iniciativa xurdiu no 2012 co obxectivo principal de que se visualizase ao longo dun mes o traballo que fan o gran número de asociacións radicadas no concello e no seu entorno. A tal efecto, nesta oitava edición participarán un total de 58 asociacións e outros colectivos, amén de 15 departamentos municipais para confeccionar un calendario de actos que está coordinado pola Concellería de Cultura.

 

Así, mesturaranse grandes eventos con pequenas propostas, tanto ao aire libre como baixo teito e todas gratuítas, estendendo a programación tanto pola cidade como polas parroquias e cunha media de 7 citas diarias ata sumar as referidas 211 que, falando de actividades independentes, suman un total de 121.

 

David Fernández informou das máis inmediatas, entre as que se atopan a Coila Sálvora de Fútbol, a exposición de artesanía Antonio Fraguas, a clausura da Escola Municipal de Ximnasia Acrobática, os Sábados de Conto na Biblioteca, a inauguración da exposición Pinturas de Xerardo Crusat, os obradoiros infantís que organiza ICE Renovación, a clausura da Mostra Infantil de Riveira, o campionato de escoba, tute, manilla e dominó por parellas que promove o Liceo Marítimo, a Festa das Angustias en Olveira, o acto de nomeamento do Paseo Marítimo “Plácido Betanzos” en Palmeira, o obradoiro “Inglés sen vergonza” no Espazo Xuvenil ou o Festival de Baile Moderno da Asociación Alfaiañ… E todo isto tan só nesta fin de semana.