O CONCELLO DE RIVEIRA PROMOCIÓNASE EN BRAGA NA QUINTA EDICIÓN DE EXPOCIDADES

O CONCELLO DE RIVEIRA PROMOCIÓNASE EN BRAGA NA QUINTA EDICIÓN DE EXPOCIDADES

Escrito el 31/05/2019


O Concello de Riveira está a participar cun stand propio na  V edición de “Expocidades 2019” que se está a levar a cabo en Braga (Portugal) nas datas xoves 30, venres 31 de maio e sábado 1 e domindo 2 de xuño.


O Concello de Riveira disporá nesta feira dun stand no que estará ao fronte unha monitora-azafata que se encargará do servizo de atención ao público no stand nas seguintes datas e horario:

 

  • Xoves 30 de maio: é a inauguración de 18:30h a 20:00h
  • Venres 31 de maio e sábado 1 de xuño: 14:00h a 23:00h
  • Domingo  2 de xuño: 10:30 a 18:00h 

Tamén se dará visualización ao Concello de Riveira a través da proxección de diferentes vídeos turísticos que serven de escaparate para promocionar o noso Concello.