A Deputación da Coruña destina máis de un millón de euros a festivais culturais

A Deputación da Coruña destina máis de un millón de euros a festivais culturais

Escrito el 31/05/2019


A Deputación da Coruña destina máis de un millón de euros para apoiar os festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas que organizan os concellos e entidades. En total, son 63 os festivais que este ano subvenciona a área de Cultura da Deputación a través de dúas liñas en concorrencia competitiva.

 

Un total de 1.065.127,16 € é o orzamento que a Deputación da Coruña destina á organización de festivais de 63 festivais que se celebran na provincia, ben organizados polos propios concellos ou tamén por entidades culturais.

 

"A Deputación revalida a súa aposta polos festivais como eventos de especial interese para a promoción da nosa creación cultural, respondendo tamén ao lema que sempre defendemos que di que a cultura é un dereito", sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

 

Festivais como FIOT de Carballo, Antros Pinos de Boiro,o Freakemacine da Coruña, o Festival das Carrilanas de Esteiro, o Río Castro de San Sadurniño, o Feito a Man de Santiago o Festival da Luz de Boimorto, a MICE de Santiago, a Festa da Carballeira de Zas son algúns dos eventos que a Deputación da Coruña apoia na convocatoria dirixida a entidades organizadoras de festivais. En canto aos que promoven directamente os concellos atópanse festivais como Cinema Crianza de Ames, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o Asalto ao Castelo de Vimianzo, o Carballo Interplay, o Rock in Cambre ou o Festival do Queixo de Arzúa.

 

 

 

 

Concello

Finalidade

Concedido

CONCELLO DE AMES

CINEMA CRIANZA 2019

22.800

CONCELLO DE ARTEIXO

III FESTIVAL FOLK DE SILSALDE

9.552,90

CONCELLO DE ARZUA

FESTIVAL DO QUEIXO

22.787,45

CONCELLO DE BERGONDO

GUISAMO FOLK

6.300

CONCELLO DE BETANZOS

ORGANIZACION FESTIVAL "VAI DE RUA"

2.498,65

CONCELLO DE CAMBRE

ROCK IN CAMBRE

45.500

CONCELLO DE CARBALLO

FESTIVAL CARBALLO INTERPLAY

39.110,14

CONCELLO DE CARIÑO

MOSTRA DE TEATRO DE CARIÑO

24.527,79

CONCELLO DE CARNOTA

II MARES DA FIN DO MUNDO

9.401,70

CONCELLO DE CEDEIRA

TRAZ OUTRO AMIGO TAMBÉM. FESTIVAL DE MÚSICA GALEGO-PORTUGUESA

2.117,20

CONCELLO DE FENE

II FESTIVAL DAS ONDAS

3.061,30

CONCELLO DE FISTERRA

III FESTIVAL INTERNACIONAL DE BLUES DE FISTERRA - FISTERRA BLUES EXPERIENCE

20.684,72

CONCELLO DE LOUSAME

IV FESTIVAL DE MAXIA DE LOUSAME-FESTIMAXIA

2.380

PADROADO DA CULTURA DO CONCELLO DE NARON

35ª MOTIX. MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARON

16.390

CONCELLO DE NEDA

FESTIVAL NOITE DE BOLOS

3.360,20

CONCELLO DE NOIA

XX MOSTRA DE CURTAMETRAXES VILA DE NOIA

15.000

CONCELLO DE NOIA

NOIA JAZZ

1.851,30

CONCELLO DE NOIA

VI FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARPA "VILA DE NOIA"

6.314,39

CONCELLO DE OLEIROS

RÚA EXT-CÉNICA: III FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS NA RÚA

2.240

CONCELLO DE ORDES

VIII EDICIÓN DO FESTIVAL DESORDES SONORAS

3.295,68

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA 2019

95.000

CONCELLO DE RIANXO

FESTIVAL JAZZ

5.958,02

CONCELLO DE ROIS

NATURFEST ROIS 2019

1.500

CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

CHANFAINA LAB

4.041,14

AUDITORIO DE GALICIA

CINEUROPA

76.000

AUDITORIO DE GALICIA

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA 'CURTOCIRCUITO 2019'

75.000

CONCELLO DE VIMIANZO

ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO

27.435

CONCELLO DE ZAS

FESTIVAL DE CINEMA PREMIOS FOUCIÑO

1.500

 

TOTAL:

545.608

 

 

 

 

 

 

Entidade

Finalidade

Concedido

ASOC. FESTIVAL ANTROS PINOS DE TARAGOÑA (BOIRO)

FESTIVAL ANTROS PINOS EDICIÓN XII

3.659,04

ASOC. RAZ SURF CLUBE (CARBALLO)

ENDLESS SUMMER PARTY

5.000

ASOC. TELON Y APARTE (CARBALLO)

28 FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO - FIOT

56.050

ASOC. CULTURAL DISCALZOS POLO FESTIVAL (CEDEIRA)

V EDICION FESTIVAL DISCALZ@S POLO FESTIVAL

5.000

ASOC. CULTURAL ALBATROS (A CORUÑA)

INTERSECCIÓN, Encontro Internacional de Arte Audiovisual

20.000

ASOC. CULTURAL TRES POR CUATRO (A CORUÑA)

SEA SONS FESTIVAL 2019

5.000

ASOC. CULTURUAL AIS (A CORUÑA)

FESTIVAL RESIS 2019

10.000

ASOC. FKM CINE (A CORUÑA)

XI FKM FESTIVAL DE CINEMA FANTÁSTICO DA CORUÑA

14.450

ASOC. POTEN100MOS (A CORÑA)

FESTIVAL DIVERSIDARTE 2019

6.938,49

ESE8 (A CORUÑA)

(S8) X MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA PERIFÉRICO

51.000

FUNDACION EMALCSA (A CORUÑA)

FESTIVAL DAS ARTES POLA INCLUSIÓN SOCIAL

15.000

COMISION DE FIESTAS DE CASTELO (CULLEREDO)

FESTIVAL CASTELO CONTA 2019

15.000

ASOC. CULTURAL CENTOLOS (FENE)

XVII FENE ROCK FESTIVAL

5.000

FELICIA ASOC. CULTURAL (FENE)

XXI FELIPOP

5.000

ASOC. CULTURAL, DEPORTIVA Y JUVENIL ANCHOA (FISTERRA)

XIX FESTA FOLK NA FIN DO CAMIÑO

2.499

ASOC. EL LORO FACU (MIÑO)

FESTIVAL LORO FACU 2019

35.000

ASOC. CULTURAL E DEPORTIVA ESTEIRANA DE CARRILANAS(MUROS)

FESTIVAL DAS CARRILANAS - ESTEIRO 2019

5.000

ASOC. CULTURAL RECREATIVA DEPORTIVA PRAIA DO CASTELO (MUROS)

XVI EDICION DO FESTIVAL CASTELOS ROCK

21.000

ASOC. XUVENIL COM'AREA (MUXIA)

COMAREA EXPERIENCE V EDICIÓN

11.900

FUNDACION ROSALIA DE CASTRO (PADRON)

FESTIVAL ABRIDE A FIESTRA 2019

5.000

ASOC. PEREGRINOS MUSICALES (O PINO)

IX FESTIVAL PEREGRINOS MUSICALES

10.000

COLECTIVO TERRA (PONTEDEUME)

20 FESTIVAL TREME A TERRA

5.000

ASOC. ROMPETIÑO (PORTO DO SON)

ROMPETIÑO JUMP

15.000

ASOC. CULTURAL FESTIVAL ROCK IN RIAN (RIANXO)

XII FESTIVAL ROCK IN RIAN

5.000

ASOC. C.R. E I. COFRADIA DA DORNA (RIBEIRA)

XXVII FESTIVAL MÚSICAL ROCK & DORNA

34.850

ASOC. TOULIÑAPOP (SADA)

TOULIÑAPOP 2019

2.280

A.VV. DE NARAHIO O CASTELO (SAN SADURNIÑO)

XXVI FESTIVAL DO RÍO CASTRO

4.500

ASOC. ATENEO DE SANTIAGO

ATENEO BARROCO 2019

5.000

ASOC. CULTURAL DA CIDADE VELLA SANTIAGO

16ª EDICION FESTIVAL FEITO A MAN

25.000

ASOC. LA MELONA (SANTIAGO)

MELONAFEST 4, FESTIVAL DE MÚSICA E ARTES

5.000

ASOC. MEMORIA ATLANTICA (SANTIAGO)

FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACION ORAL ATLANTICA 2019

8.250

ASOC. MORREU O DEMO (SANTIAGO)

IV TITIRIBERIA. Festival de Títeres Tradicionais Ibéricos

18.216,80

FUNDACION GALIZA SEMPRE (SANTIAGO)

FESTIGAL 2019

31.395

PATRONATO DO MUSEO DO POBO GALEGO (SANTIAGO)

XIV EDICIÓN DA MICE

8.250

ASOC. CULTURAL BARRIGA VERDE SANTIAGO DE COMPOSTELA

XXIV FESTIVAL INTERNACIONAL GALICREQUES

20.000

ASOC. CULTURAL CASTRO MEDA DE ZAS

XXXVI FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS. FESTIVAL DE MÚSICA FOLK

24.281,25

 

TOTAL:

519.519,58

 

 

 

 

TOTAL CONCEDIDO:

1.065.127,16