DOUS DÍAS DE ACTIVIDADES PARA TODAS AS IDADES NAS FESTAS DA GUÍA DE CARREIRA

DOUS DÍAS DE ACTIVIDADES PARA TODAS AS IDADES NAS FESTAS DA GUÍA DE CARREIRA

Escrito el 03/06/2019


As festas da Guía de Carreira regresarán dende finais da presente semana con dous días de celebracións nesta parroquia.

 

Así, o domingo 9 de xuño no campo de fútbol haberá ás 10 horas unha Ruta Cabalar (saída dende o entorno do campo) para dar paso ás 12 horas a unha exhibición de boxeo pola escola local El Canario; ás 13 horas, unha degustación de churrasco, xurelos e paella ata rematar existencias; ás 18 horas, inchables infantís; e ás 21 horas, verbena co dúo de Carreira Yesi & Nandi.

 

En canto ao propio luns 10 de xuño, o día comezará con alborada e pasarrúas a cargo do grupo de gaitas O Rueiro. Na capela da Guía haberá misas dende as 8 ata as 12 horas e ás 18, 19 e 20 horas, amén da Misa Solemne das 13 horas que estará cantada polo coro parroquial Nosa Señora da Guía e estará seguida pola tradicional procesión.

 

De 17.30 a 20.30 haberá actividades infantís no Campo da Festa: parque de inchabes, obradoiros, globoflexia, maquillaxe, música e lambetadas.

 

E para culminar o programa, ás 20 horas haberá unha verbena amenizada pola orquestra La Estación.