COMEZAN AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN E RENOVAR SERVIZOS NA RÚA INSUABELA EN AGUIÑO

COMEZAN AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN E RENOVAR SERVIZOS NA RÚA INSUABELA EN AGUIÑO

Escrito el 04/06/2019


O Concello informa do inicio dunha nova actuación destinada á pavimentación e renovación de servizos na rúa Insuabela en Aguiño.

 

Operarios da empresa Excavaciones Nima, S.L., comezaron os pertinentes traballos, que comportan un investimento de 113.503 euros, IVE incluído, e teñen un prazo de execución de cinco meses.

 

A rúa obxecto desta actuación rexistra beirarrúas estreitas, con rampas de acceso ás vivendas colindantes que dificultan a circulación peonil polas mesmas. Ademais, a tubaxe de abastecemento é de fibrocemento e non dispón de liña independente para a recollida de pluviais.

 

O proxecto que se vai realizar pretende renovar a liña de abastecemento, instalar unha rede de pluviais e redistribuír o espazo existente de tal xeito que se creen beirarrúas de maior anchura que permitan a circulación de peóns de forma segura.

 

No que atinxe ao servizo de abastecemento, instalarase unha tubaxe de polietileno de alta densidade de 420 metros de lonxitude e 17 acometidas domiciliaras. En canto ao pluviais, colocarase un colector soterrado de PVC corrugado de 420 metros, 32 arquetas sumidoiro, 11 pozos de rexistro e 17 acometidas.

 

Polo que respecta á pavimentación, as novas beirarrúas estarán feitas en formigón pulido no que se intercalarán franxas de adoquín