ONCE ESCOLAS DEPORTIVAS DE VERÁN NA PROGRAMACIÓN DO CONCELLO DE RIVEIRA ADEMAIS DOUTRAS TRES ACTIVIDADES

ONCE ESCOLAS DEPORTIVAS DE VERÁN NA PROGRAMACIÓN DO CONCELLO DE RIVEIRA ADEMAIS DOUTRAS TRES ACTIVIDADES

Escrito el 04/06/2019


O prazo de inscrición das Escolas Deportivas de Verán 2019 arrancará o vindeiro 13 de xuño a partir das 10 horas e estará aberto ata o 19 de xuño ás 12 horas.

 

Desta vez once son as escolas propostas dentro da iniciativa que promove a Concellería de Deportes, dous máis que na edición anterior, tras a incorporación de taekwondo e o volei praia e a substitución de aerobic por iniciación ao fitness. Todas elas teñen o mesmo custe: 16,80 euros polo curso completo (xullo e agosto).

 

  1. Baloncesto: nados entre 2012 e 2003, no complexo da Fieiteira
  2. Boxeo: nados entre 2013 e 2008 na Fieiteira
  3. Iniciación ao fitness: nados entre o 2019 e o 2003, no ximnasio Natural Sport
  4. Iniciación á patinaxe: nados entre 2015 e 2003, no polideportivo de Artes.
  5. Multideporte – Psicomotricidade: nados entre o 2015 e o 2013 no Complexo da Fieiteira
  6. Pádel: nados entre 2012 e 2003, no Centro de Raqueta Santa Uxía
  7. Tenis: nados entre 2012 e 2003, no complexo da Fieiteira
  8. Triatlón: nados entre 2012e 2003, no complexo da Fieiteira e no carril bici de Coroso.
  9. Xadrez: nados do 2012 ao 2003, na Casa da Xuventude de Riveira.
  10.     10.Taekwondo: nados entre 2013 e 2006 no ximnasio Natural Sport
  11.     11.Volei Praia: nados entre o 2009 e o 2001 na praia de Coroso fronte ao IES Número 1.

 

Tamén terán lugar estas outras tres actividades:

 

  1. Curso de iniciación ao surf: nados entre o 2009 e o 2001, nas praias do Vilar e A Ladeira. Prezo: 40 euros.
  2. Cursos de iniciación ao windsurf / paddel surf: nados entre o 2009 e 2001 na praia de Coroso. Prezo: 40 euros.
  3. Campus de rugby do verán 2019: para idades entre os 8 e os 12 anos no campo de herba natural da Fieiteira. Inscrición gratuíta.

 

Os interesados poderán cumprimentar a súa inscrición no formulario habilitado na páxina web do Concello de Riveira, www.riveira.gal. Tamén se poderá facer de xeito presencial na Oficina de Deportes situada no complexo da Fieiteira.

 

O comezo das clases está programada para o luns 1 de xullo.