A Deputación da Coruña aposta polo turismo de calidade co apoio a entes, asociacións e consorcios do sector

A Deputación da Coruña aposta polo turismo de calidade co apoio a entes, asociacións e consorcios do sector

Escrito el 04/06/2019


A área de Turismo da Deputación da Coruña destina un total de 729.405 € ao programa de subvencións para entes de xestión, asociación, mancomunidades e consorcios turísticos. En total, dez son as entidades beneficiarias desta liña de apoio encamiñada á mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas

 

Accións formativas, desenvolvementos de produtos turísticos, plans de mellora de calidade e competitividade ou programas de promoción son algunhas das iniciativas que reciben subvención nunha liña da área de Turismo da Deputación da Coruña que ten como obxectivo a a profesionalización e mellora do sector turístico.

 

Entidades como o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, o ente de Turismo de Santiago de Compostela, a Asociación de Empresarios de Promoción Turística de Camariñas, a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, a Asociación de Turismo da Costa da Morte, a Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros-Noia ou as mancomunidades de concellos de Ferrol e a Ría Arousa-Norte, Asociación Comarca Ortegal, Asociación Muxía Natural son as beneficiarias desta liña de axuda pola que se achegan apoios de até 120.000 €.

 

" Desde a área de Turismo da Deputación da Coruña traballamos de maneira cooperativa con concellos e entidades para a mellora da calidade do sector turístico e a súa profesionalización, o que tamén se realiza a través das entidades que operan no ámbito turístico", sinala o deputado da área de Turismo, Xosé Regueira.

 

A publicación da liña de axudas para entes do sector súmase á convocatoria para contratación de persoal técnico para oficinas de turismo de concellos ou agrupacións de concellos de poboación inferior a 50.000 habitantes que forma parte tamén do programa de apoio á profesionalización do sector.

 

 

 

Entidade

Finalidade

Concedido

MANCOMUNIDAD RIA DE AROUSA-ZONA NORTE (BOIRO)

PROMOCION TURISTICA AROUSA NORTE

100.000

ASOCIACION EMPRESARIOS E DE PROMOCION TURISTICA CAMARIÑAS

Faro de Cabo Vilán: centro cultural, de ocio e turístico

44.547,97

COSTA DA MORTE ASOCIACION TURISTICA C.M.A.T. (CEE)

turismo deportivo e secretaría técnica do Xeodestino Costa da Morte.

39.068,80

CONSORCIO DE TURISMO Y CONGRESOS (A CORUÑA)

Mellora da calidade, competitividade e actvidades turísticas

120.000

MANCOMUNIDAD DE CONCELLOS COMARCA DE FERROL

PLAN DE COMPETITIVIDADE DO DESTINO TURÍSTICO FERROLTERRA-RÍAS ALTAS 2019

120.000

SOCIEDADE MIXTA DE TURISMO DE FERROL, S.A.

Desenvolvemento de actividades

80.000

ASOCIACION RURAL DE DESENVOLVEMENTO DA RIA DE MUROS-NOIA (LOUSAME)

CREANDO DESTINO 2019

40.000

MUXIA NATURAL ASOCIACION DE TURISMO RURAL (MUXÍA)

PLAN DE DINAMIZACIÓN TURISTICA MUXIA NATURAL OFICINA PUNTO DE INFORMACIÓN

33.788,70

ASOC.PARA DESENVOLVEMENTO DO TURISMO DE CALIDADE COM.ORTEGAL (ORTIGUEIRA)

INICIATIVA DE DESENVOLVEMENTO DA COMARCA DE ORTEGAL

32.000

INFORMACION E COMUNICACION LOCAL, S.A. (SANTIAGO)

PLAN DA MELLORA DA CALIDADE, COMPETITIVIDADE E ACTIVIDADES TURÍSTICAS 2019

120.000

 

Total:

729.405,47