MERCADO SOLIDARIO DE LIBROS NA PRAZA DO CONCELLO POR INICIATIVA DO COLEXIO O GRUPO

MERCADO SOLIDARIO DE LIBROS NA PRAZA DO CONCELLO POR INICIATIVA DO COLEXIO O GRUPO

Escrito el 04/06/2019


Alumnos e alumnas do colexio riveirense O Grupo encheron de vida a praza do Concello coa celebración dun mercado de libros solidario que se prolongou ao longo de toda a mañá.

 

O sistema consistiu no troco de exemplares por produtos alimenticios non perecedoiros e gozou de ampla repercusión con numerosos clientes que tiveron ocasión así de adquirir clásicos da literatura e outros libros e contribuír de paso a unha boa causa.

 

Foi unha iniciativa enmarcada na programación desta sétima edición do Xuño da Cultura e as Artes.