O VINDEIRO LUNS ABRIRANSE OS PRAZOS DE PREINSCRICIÓN DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN

O VINDEIRO LUNS ABRIRANSE OS PRAZOS DE PREINSCRICIÓN DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN

Escrito el 05/06/2019


O vindeiro luns 10 de xuño, ás 09.30 h, abrirá o prazo para a preinscrición dos campamentos de verán que organiza o Concello de Riveira.

 

Tres son as alternativas existentes, todas elas do 1 de xullo ao 30 de agosto, en horario de 9 a 14 horas:

 

  • Campamento multidisciplinar Xoga gon Nós (en Riveira, con 120 participantes nados de 2011 a 2016). Prezo: 60€/1 mes, 100€/2 meses.
  • Campamento multidisciplinar Verán Rechinán (nunha localidade a determinar para as parroquias Aguiño-Carreira-Castiñeiras e Corrubedo-Olveira-Artes-Oleiros, con 30 participantes cada agrupamento, nados de 2011 a 2015). Prezo: 60€/1 mes, 100€/2 meses.
  • Campamento de inglés “Camp of Cultural Summer” (34 participantes nados de 2007 a 2011). Prezo: 70€/1 mes, 120€/2 meses.

 

Caberá a posibilidade de contratar servizo de Madrugadores (de 7.30 a 9 horas) e de Xantar (de 14 a 16 horas) se o solicitan un mínimo de 10 e 25 participantes, respectivamente.

 

Haberá un 20% de desconto no prezo de matrícula para persoas desempregadas de longa duración, familias numerosas e persoas con discapacidade de polo menos un 33%. Ademais, reservarase un 10% das prazas para emerxencia social (os participantes serán derivados dende os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Riveira).

 

Terán prioridade os empadroados no municipio de Riveira. A continuación, os pais/nais/titores en activo coa fin de facilitar a conciliación, e por último seguirase a orde de inscrición.

 

Proxenitores interesados poden anotarse do 10 ao 23 de xuño cubrindo un formulario on-line que se abrirá na páxina web do Concello de Riveira ou, de xeito presencial, no Centro Cultural Lustres Rivas de 9.30 a 13 horas.

 

A listaxe provisional de admitidos publicarase o 25 de xuño e o 27 a definitiva. A matrícula farase do 28 de xuño ao 5 de xullo.