A ESCOLA MUNICIPAL DE BALLET DESENVOLVERÁ O ESPECTÁCULO “ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS” NO SEU FESTIVAL DE FIN DE CURSO

A ESCOLA MUNICIPAL DE BALLET DESENVOLVERÁ O ESPECTÁCULO “ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS” NO SEU FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Escrito el 05/06/2019


O Festival de fin de curso da Escola Municipal de Ballet de Riveira vai ter lugar este domingo 9 de xuño cun espectáculo titulado “Alicia no país das Marabillas”, no que un total de 75 bailarinas se subirán ás táboas do Auditorio a partir das 20 horas.

 

A actuación mostrará como Alicia vai coñecendo a unha serie de personaxes extraordinarios que irán integrando un magnífico corpo de baile nunha proposta que aunará danza ao máximo nivel con entretemento familiar. A fimcoçpm concluirá coa entrega de diplomas ao alumnado.

 

As entradas serán gratuítas e poderán ser retiradas dende media hora antes da función. Ata completar aforo.