OS INTERESADOS EN RECIBIR ASESORAMENTO EMBRESARIAL GRATUÍTO DA FUNDACIÓN RONSEL XA PODEN CONCERTAR UNHA CITA

OS INTERESADOS EN RECIBIR ASESORAMENTO EMBRESARIAL GRATUÍTO DA FUNDACIÓN RONSEL XA PODEN CONCERTAR UNHA CITA

Escrito el 06/06/2019


Este mes de xuño a Fundación Ronsel empezará a prestar os seus servizos no Viveiro de Empresas do Concello de Riveira en virtude do acordo ao que chegaron ambas entidades a finais do mes de maio.

 

Un técnico da Fundación desprazarase ata a zona unha vez ao mes para prestar asesoramento individualizado gratuíto ás persoas interesadas no autoemprego, que teñan algunha idea en mente e precisen apoio para poñela en marcha.

 

As persoas interesadas deben concertar unha cita canto antes no Viveiro de Empresas, presencialmente, por teléfono (981 87 14 97) ou correo electrónico (orientacionriveira@riveira.com), indicando os seguintes datos: nome e apelidos, enderezo, teléfono e e-mail de contacto.

 

Nacida no 2000, a Fundación Ronsel é unha entidade benéfico-docente inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas e fomentar a súa inserción sociolaboral. Colabora con distintas administracións públicas como o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a Xunta de Galicia ou a Deputación e forma parte do Plan Galego de Inclusión Social, EAPN Galicia (Rede Galega contra a Pobreza), a Rede Eusumo e a Fundación Youth Business Spain, ademais de estar adherida á ‘Estrategia de Emprendimiento y Empleo Joven do Goberno de España’.