VINTE VOLUNTARIOS PARTICIPARÁN EN AGOSTO NUN CAMPO INTERNACIONAL QUE SE CELEBRARÁ NO PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO

VINTE VOLUNTARIOS PARTICIPARÁN EN AGOSTO NUN CAMPO INTERNACIONAL QUE SE CELEBRARÁ NO PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO

Escrito el 06/06/2019


Coorganizado polo Concello de Riveira e a Consellería de Política Social, o municipio riveirense vai dar cabida entre os días 15 e 26 de agosto a un campo internacional de voluntariado no que vinte rapaces e rapazas con idades entre 18 e 30 anos

 

Este campo de traballo, cuxa lingua vehicular é o inglés e que foi presentado esta mañá polo concelleiro de Xuventude David Fernández xunto ao técnico Mario Vidal, pretende dar continuidade aos cinco realizados en anos anteriores e focalizará o seu labor principalmente no parque natural de Corrubedo, se ben tamén acollerá outras actividades en lugares como a praia de Coroso, o periurbano de San Roque e a illa de Sálvora.

 

Posuirá unha temática eminentemente medioambiental, levando a cabo actividades de mantemento, reconstrución e consolidación de muros e sendeiros, eliminación de plantas alóctonas, vixía de incendios ou labores de sensibilización aos visitantes ao complexo dunar, pero sen perder de vista a parte lúdica a través de actividades como snorkel, kaiac, xeocaching, circuítos de aventura en altura, láser tag, observación estelar etc.

 

Todas as prazas cubertas

Todas as prazas están cubertas e David Fernández explicou que redundará positivamente na economía do municipio posto que moitas das actividades programadas realízanse da man de entidades locais e ademais a estancia dos asistentes (que estarán aloxados no albergue da Casa da Xuventude) repercutirá no comercio e na hostalería locais.