USUARIAS DA ASOCIACIÓN AMBAR RACHAN BARREIRAS NA PERFORMANCE “COMunidade”

USUARIAS DA ASOCIACIÓN AMBAR RACHAN BARREIRAS NA PERFORMANCE “COMunidade”

Escrito el 06/06/2019


Usuarias da Asociación Ambar veñen de realizar no marco do Xuño da Cultura e as Artes unha performance que, baixo o título de COMunidade, vén de exhibir de forma moi gráfica como sortear alambradas e derrubar fronteiras de todo tipo nesta sociedade na que aínda persiste o egoísmo individual.

 

Mestura de distintas danzas rexionais e tribais, seis foron as mulleres participantes nesta proposta, que ía ter lugar inicialmente na rúa Galicia, pero que a consecuencia da cicloxénese explosiva de hoxe se trasladou á sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas, onde gozou de gran aceptación entre os espectadores.