CONCLUÉN OS TRABALLOS DE PAVIMENTACIÓN NOS CAMPOS DE FÚTBOL DE AGUIÑO E CARREIRA

CONCLUÉN OS TRABALLOS DE PAVIMENTACIÓN NOS CAMPOS DE FÚTBOL DE AGUIÑO E CARREIRA

Escrito el 06/06/2019


O Concello de Riveira informa da conclusión das obras orientadas á pavimentación do entorno dos campos de fútbol de Carreira e Aguiño: uns traballos que foron realizados por Construcciones Ponciano Nieto, S.L., e comportaron un investimento total de  30.154 euros, IVE incluído.

 

A este respecto, cómpre recordar que a superficie do campo da Guía en Carreira que está situada arredor do terreo de xogo rexistraba abundante vexetacion e pavimento de terra que impedía ser utilizado axeitadamente polos usuarios do campo, especialmente en época de chuvias. Ademais, o camiño de acceso atopábase bastante deteriorado con numerosos baches no pavimento.

 

Polo que se refire ao campo da Tasca en Aguiño, todos os seus laterais estaban pavimentados antes da execución desta obra agás unha parte ubicada na zona sureste das instalacións, que tiña pavimento terrizo, o que ocasionaba barrizais coas chuvas.

 

Por tal motivo, o proxecto técnico materializado estivo dirixido a pavimentar adecuadamente as superficies que rodean estes terreos de xogo para que os seus usuarios puidera utilizar a área total das instalacións existentes.

 

En concreto, en relación ao campo de Carreira se desbrozou e escavou a superficie a pavimentar e se estendeu unha capa de mestura bituminosa en quente sobre outra de zahorra. Ademais, foi pavimentado o camiño de acceso co outra capa bituminosa.

 

Polo que se refire ao campo de Aguiño, tamén se estendeu unha capa bituminosa sobre outra de zahorra na parte afectada, previo acondicionamento da superficie.