ÉXITO DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE BALLET CUN AUDITORIO REPLETO

ÉXITO DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE BALLET CUN AUDITORIO REPLETO

Escrito el 10/06/2019


Todas as butacas do Auditorio riveirense ocupáronse con ocasión da celebración no serán de onte do festival de fin de curso da Escola Municipal de Ballet de Riveira: un espectáculo titulado “Alicia no país das Marabillas” no que participaron un total de 75 bailarinas e que espertou o aplauso unánime dos máis de 270 espectadores congregados.

 

No transcurso da función foron aparecendo os distintos personaxes extraordinarios da obra de Lewis Carroll: Alicia (interpretada por Sara González), Coello Branco (Celia Agra), o gato de Chesire (Tatiana Esperante), a Raíña de Corazóns (Sara Martínez), ademais de bolboretas, reloxos, unicornios, orugas, flores, corazóns, etc.

 

A obra estivo dirixida pola profesora da Escola Cristina Riveiro, responsable tamén da coreografía adaptada, con música de Joby Talbot.