IVÁN RAÑA GAÑA DOMINANDO A PROBA DE PRINCIPIO A FIN E MARÍA GONZÁLEZ FAI UN REMONTADA ESPECTACULAR PARA FACERSE COA VITORIA

IVÁN RAÑA GAÑA DOMINANDO A PROBA DE PRINCIPIO A FIN E MARÍA GONZÁLEZ FAI UN REMONTADA ESPECTACULAR PARA FACERSE COA VITORIA

Escrito el 10/06/2019


 

Na categoría masculina Brais Otero foi segundo en meta e Nico Domínguez, vencedor do pasado ano, acaba no terceiro lugar.

Mentres na categoría feminina, Noelia Gómez faríase coa prata e Marta Gil co bronce.

Iván Raña e María González son o campión e a campioa do II Mar de Muros Tríatlon – Trofeo Iván Raña. Con dúas carreiras totalmente diferentes, demostraron ser os mellores.

A maxia de Muros non deixou indiferente a ninguén e menos se cabe aos amantes do tríatlon. A segunda cita do Mar de Muros Tríatlon – Trofeo Iván Raña presentaba un circuíto apaixonante, cunha beleza paisaxística no sector ciclista a destacar.

A pesar de que nun principio o día se presentaba con ameaza de choiva, incluso chegaron a caer algunhas gotas, finalmente foi a xornada perfecta para a práctica deportiva, ata o uso de neopreno no sector de natación non foi obrigatorio ao estar a temperatura da auga nuns 16.8ºC.

Na categoría masculina a carreira foi un monólogo do homenaxeado, Iván Raña, na natación tanto el coma César Pazos (Tríatlon Arteixo) saíron cuns 20 segundos de vantaxe sobre un grupo no que aparecían os irmáns Otero (Tríatlon Arcade Inforhouse), Pedro Pablo Bernárdez (Tríatlon Vilagarcía) e David Sanisidro (Tríatlon Arteixo).

 

Xa na T1, Iván Raña sairía en solitario e marcaría un ritmo demoledor dobrando participantes dende a primeira volta que a la postre lle permitiría chegar á T2 con máis de 2 minutos sobre Brais Otero, quen ocuparía o segundo caixón. Un dos máis rápidos neste sector foi Nico Domínguez (Disa HPS Tríatlon), que foi capaz de remontar o tempo perdido na natación. Na carreira a pé, Iván Raña correría sen moito esforzo en solitario e aínda así, batería o récord da proba e situaríao en 57 m 42 s. A segunda praza sería para Brais Otero que fixo unha carreira moi regular, situándose sempre no grupo perseguidor nos 3 sectores. A pouco menos de 10 segundos chegaría Nico Domínguez (gañador no 2018) que ocuparía o último posto do podio. Por último, destacar o 4º posto do muradán Manu Dosil (CC Muros Tríatlon)

“Que existan carreiras así con este número de participantes xa é un éxito, recordo cando fai 17 anos só eramos uns 20 ou 30 na liña de saída”, dixo Iván Raña ao finalizar a proba.

 

A carreira na categoría feminina foi totalmente diferente, xa o sector de natación permitiría a Noelia Gómez saír con case 2 minutos de vantaxe con respecto a Adriana Pensado (gañadora no 2018) e a Marta Gil (Club Tríatlon Coruña), e máis de 4 minutos sobre María González. O sector de ciclismo sería dominado por María González (Artrogal Tri 498) e Marta Gil, sendo está última quen de saltar ao último sector (carreira) en solitario. Pero todo ese tempo gañado co que partía, iríase esfumando. Con algo máis de 2 minutos de perda arrancaba María González, que no sector a pé daría un auténtica exhibición logrando un tempo espectacular de 19 m 19 s. Noelia Gómez tamén sería quen de remontar no último sector, pero non o suficiente para poñerse á cabeza. A vitoria final sería para María González, despois dunha espectacular remontada, e a segunda e terceira posición serían ocupadas por Noelia Gómez e María Gil respectivamente.

 

Desta forma María González consigue algo insólito ata a data en Muros, gañar o Dúatlon “Eleuterio Balayo” Concello de Muros e o Mar de Muros Tríatlon – Trofeo Iván Raña nun mesmo ano.

O fin de festa tivo lugar no Curro da Praza, no que se lle brindou homenaxe a Iván Raña que recibiu unha placa conmemorativa por parte do Concello de Muros, así como a súa sinatura no Libro de Ouro municipal. Asegurouse tamén o seu nome na proba de aquí en diante.

A parte, tamén se fixo entrega aos tres primeiros clasificados, tanto en categoría masculina como feminina da proba.

Como nota do día foi a sorpresa que recibiu o propio Iván Raña que foi agasallado cunha tarta de felicitación polo seu 40 aniversario, o cal tería lugar dous días despois de que se celebrase a proba.

Tamén houbo tempo para unha exhibición de baile por parte de Dolores Brea e o seu alumnado.

 

ESPAÑOL

IVÁN RAÑA GANA DOMINANDO LA PRUEBA DE PRINCIPIO A FIN Y MARÍA GONZÁLEZ HACE UNA REMONTADA ESPECTACULAR PARA HACERSE CON LA VITORIA

En la categoría masculina Brais Otero fue segundo en meta y Nico Domínguez, vencedor del pasado año, acaba en el tercero lugar.

Mientras en la categoría femenina, Noelia Gómez se haría con la plata y Marta Gil con el bronce.

Iván Raña y María González son el campeón y la campeona del II Mar de Muros Triatlón - Trofeo Iván Raña. Con dos carreras totalmente diferentes, demostraron ser los mejores.

La magia de Muros no dejó indiferente a nadie y menos si cabe a los amantes del triatlón. La segunda cita del Mar de Muros Triatlón - Trofeo Iván Raña presentaba un circuito apasionante, con una belleza paisajística en el sector ciclista a destacar.

A pesar de que en un principio el día se presentaba con amenaza de lluvia, incluso llegaron a caer algunas gotas, finalmente fue la jornada perfecta para la práctica deportiva, hasta el uso de neopreno en el sector de natación no fue obligatorio al estar la temperatura del agua en unos 16.8ºC.

En la categoría masculina la carrera fue un monólogo del homenajeado, Iván Raña, en la natación tanto él como César Pazos (Triatlón Arteixo) salieron con unos 20 segundos de ventaja sobre un grupo en el que aparecían los hermanos Otero (Triatlón Arcade Inforhouse), Pedro Pablo Bernárdez (Triatlón Vilagarcía) y David Sanisidro (Triatlón Arteixo).

Ya en la T1, Iván Raña saldría en solitario y marcaría un ritmo demoledor doblando participantes desde la primera vuelta que a la postre le permitiría llegar a la T2 con más de 2 minutos sobre Brais Otero, quien ocuparía el segundo cajón. Uno de los más rápidos en este sector fue Nico Domínguez (Disa HPS Triatlón), que fue capaz de remontar el tiempo perdido en la natación. En la carrera a pie, Iván Raña correría sin mucho esfuerzo en solitario y aun así, batiría el récord de la prueba y lo situaría en 57 m 42 s. La segunda plaza sería para Brais Otero que hizo una carrera muy regular, situándose siempre en el grupo perseguidor en los 3 sectores. A poco menos de 10 segundos llegaría Nico Domínguez (ganador en el 2018) que ocuparía el último puesto del podio. Por último, destacar el 4º puesto del muradano Manu Dosil (CC Muros Triatlón)

 

“Que existan carreras así con este número de participantes ya es un éxito, recuerdo cuando hace 17 años sólo éramos unos 20 o 30 en la línea de salida”, dijo Iván Raña al finalizar la prueba.

 

La carrera en la categoría femenina fue totalmente diferente, ya el sector de natación permitiría a Noelia Gómez salir con casi 2 minutos de ventaja con respecto a Adriana Pensado (ganadora en el 2018) y a Marta Gil (Club Triatlón Coruña), y más de 4 minutos sobre María González. El sector de ciclismo sería dominado por María González (Artrogal Tri 498) y Marta Gil, siendo está última quien de saltar al último sector (carrera) en solitario. Pero todo ese tiempo ganado con el que partía, se iría esfumando. Con algo más de 2 minutos de pérdida arrancaba María González, que en el sector a pie daría un auténtica exhibición logrando un tiempo espectacular de 19 m 19 s. Noelia Gómez también sería quien de remontar en el último sector, pero no lo suficiente para ponerse a la cabeza. La victoria final sería para María González, después de una espectacular remontada, y la segunda y tercera posición serían ocupadas por Noelia Gómez y María Gil respectivamente.

De esta forma María González consigue algo insólito hasta la fecha en Muros, ganar el Duatlón “Eleuterio Balayo” Concello de Muros y el Mar de Muros Triatlón - Trofeo Iván RAÑA en un mismo año.

El fin de fiesta tuvo lugar en el Curro de la Plaza, en el que se le brindó homenaje a Iván Raña que recibió una placa conmemorativa por parte del Ayuntamiento de Muros, así como su firma en el Libro de Oro municipal. Se aseguró también su nombre en la prueba de aquí en adelante.

A parte, también se hizo entrega a los tres primeros clasificados, tanto en categoría masculina cómo femenina de la prueba.

Como nota del día fue la sorpresa que recibió el propio Iván Raña que fue agasajado con una tarta de felicitación por su 40 aniversario, lo cual tendría lugar dos días después de que se celebrara la prueba.

También hubo tiempo para una exhibición de baile por parte de Dolores Brea y su alumnado.