OS USUARIOS DA INSTALACIÓN RIVEIRENSE XA PODEN OBTER O CARNÉ ÚNICO DA REDE DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA

OS USUARIOS DA INSTALACIÓN RIVEIRENSE XA PODEN OBTER O CARNÉ ÚNICO DA REDE DE BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA

Escrito el 11/06/2019


A Biblioteca de Riveira informa de que xa é posible obter nesta instalación situada na rúa Manuel Lustres Rivas, 20, o carné único da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia logo da adquisición do equipamento necesario para poder imprimir no momento este documento, válido para ser utilizado nos máis de 350 centros adheridos a esta rede baixo a organización da Concellería de Cultura e Turismo.

 

O concelleiro de Educación de Riveira, David Fernández, fixo os honores de recibir o primeiro carné impreso na biblioteca riveirense.