ALUMNOS DE SECUNDARIA ASISTEN NO AUDITORIO A UN ENCONTRO SOBRE O DANO CEREBRAL

ALUMNOS DE SECUNDARIA ASISTEN NO AUDITORIO A UN ENCONTRO SOBRE O DANO CEREBRAL

Escrito el 11/06/2019


Estudantes de Educación Secundaria están a asistir esta mañá no Auditorio Municipal de Riveira a un encontro que pretende visibilizar o dano cerebral.

 

O título desta proposta chámase “Iridium” e conta coa participación do autor da novela do mesmo título, Francisco Castro, e máis a neuropsicóloga Amparo Rodicio.

 

Enmarcada no Xuño da Cultura e as Artes, a actividade está organizada pola Editorial Galaxia en colaboración coa Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), a Asociación de Dano Cerebral Alento e o Concello a través do Servizo Municipal de Normalización Lingüística.