ADXUDICADA A INSTALACIÓN DUNHA REDE DE PLUVIAIS NA RÚA SIDREIRAS EN SANTA UXÍA

ADXUDICADA A INSTALACIÓN DUNHA REDE DE PLUVIAIS NA RÚA SIDREIRAS EN SANTA UXÍA

Escrito el 12/06/2019


O Concello de Riveira informa de que foi adxudicada unha actuación dirixida á instalación dunha rede de pluviais na rúa Sidreiras en Santa Uxía, vial perpendicular á avenida da Coruña.

 

A lonxitude do tramo que se vai construír é de 210 metros. Colocaranse tubaxes de 315 milímetros e de 160 milímetros de diámetro, así como arquetas sumidoiro e pozos de rexistro. O pavimento afectado será reposto.

 

A execución da obra recaeu en Vías y Servicios Generales, S.L.. Comporta un investimento de 18.309 euros e o seu prazo de execución é dun mes e medio.