Os veciños de Tállara poderán solicitar no Concello de Lousame que o sistema público xestione a biomasa das súas parcelas

Os veciños de Tállara poderán solicitar no Concello de Lousame que o sistema público xestione a biomasa das súas parcelas

Escrito el 12/06/2019


Máis de 80 propietarios/as de parcelas situadas nas faixas das aldeas da parroquia de Tállara asistiron esta mañá a unha charla convocada polo Concello de Lousame para informarlles sobre a posibilidade de asinar un convenio de colaboración para que o sistema público se faga cargo da xestión da biomasa das súas parcelas durante os 4 próximos anos. Unha posibilidade ofrecida á veciñanza de Tállara en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os lumes forestais, ao ser Tállara unha das 77 parroquias con maior risco de incendio de Galicia.

 

A charla correu a cargo do Pablo Arbones, director xerente de Seaga, quen estivo acompañado pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde; o xefe do Distrito Forestal 4 de Noia, Xabier González; e o técnico do Seaga Óscar Collazo. Pablo Arbones destacou que Lousame é un dos municipios nos que primeiro se vai ofrecer esta posibilidade aos propietarios porque “es uno de los pocos Concellos de Galicia que empezó a hacer su plan y tiene identificados todos los núcleos y las fincas”, ao tempo que confirmou que a elección de Tállara débese a que “todos los años hay incendios en esta parroquia”, que xa leva sufridos dous no que vai de ano.

 

Arbones explicou aos presentes que “desde la aprobación de la ley en 2007, los Concellos tienen la responsabilidad de exigir a los propietarios la gestión de la biomasa en sus parcelas. El propietario tiene la posibilidad de hacerlo por sus propios medios o adherirse a este convenio promovido por la Xunta y la Fegamp por el cual el Seaga se hería cargo de la gestión de la biomasa de las parcelas durante los próximos 4 años”.

 

Contratando o sistema público, o custe para os propietarios será de 350 euros por hectárea e ano, unha cantidade que se entende inferior aos custes económicos totais das actividades prestadas, xa que conta coa subvención da Xunta e da Fegamp. Así, estímase que para unha parcela media de 1.000 m2 a tarifa oscilará entre os 35 e os 42 euros. Se o custe real da limpeza fose superior a esa cifra por hectárea, o propietario non tería que pagalo. “Aquellos propietarios que no limpien, será el Concello el que ejecute subsidiariamente la limpieza de los que se nieguen a hacerlo y se pasará una factura a precio real de mercado”, avisou Arbones.

 

Corte de madeira

 

Pola súa banda, Teresa Villaverde explicou que “nos gustaría que se beneficiaran deste convenio todos os veciños do Concello, pero se se escolle Tállara é porque é unha parroquia declarada como alto risco de incendios”. Para identificar as franxas sobre as que se debe actuar, Villaverde lembrou que “non son 50 metros dende a última casa, son 50 metros de franxa arredor do núcleo, do que estea incluído no Plan Xeral. E dentro do núcleo non pode haber pinos, acacias nin eucaliptos”, máis aló dun par de xeito ornamental, como puntualizou o responsable do Distrito Forestal.

 

Villaverde explicou aos veciños que “somos dos primeiros nos que se vai facer este convenio porque hai moitos lumes na parroquia”, polo que emprazou aos propietarios a que “a partir de 15 días, se pasen polo Concello para asinar un convenio tipo” polo que o Seaga se encargará da xestión da biomasa das súas parcelas durante os próximos 4 anos. Así mesmo, recomendou que “os que teñan madeira, que a corten antes”, pois de non facelo será o Seaga que o faga, polo que esa madeira será subastada publicamente e os cartos serán sumados ao propio convenio, non ao propietario.

 

Unha vez realizadas as inscricións, o Seaga acometerá a primeira roza o antes posible. En anos posteriores, o obxectivo é que a roza teña lugar antes do mes de maio. Máis información e sinaturas de convenios no Concello de Lousame a partir do 27 de xuño.