CONVOCADA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS PARA ATENDER AS NECESIDADES DO CONCELLO

CONVOCADA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES ADMINISTRATIVOS PARA ATENDER AS NECESIDADES DO CONCELLO

Escrito el 13/06/2019


Tal e como aparece hoxe no BOP, foi convocada unha bolsa de emprego de auxiliares administrativos coa fin de atender as necesidades do Concello de Riveira.

 

O obxecto desta convocatoria reside en prover as necesidades dos diferentes servizos que conforman este Concello derivadas da acumulación de tarefas, incapacidades temporais, maternidade, paternidade, vacacións e situacións análogas que non poidan ser atendidas polo persoas que con carácter permanente presta os seus servizos no mesmo.

 

A inclusión na bolsa non supón en si mesma un dereito á contratación, sendo exclusivamente a súa función a de servir de relación ordenada e baremada das persoas que poidan ser chamadas para a súa contratación ou nomeamente. É dicir, os integrantes da mesma unicamente serán titulares dunha expectativa de dereito a ser contratados ou nomeados temporalmente por orde de puntuación.

 

O prazo para presentar solicitudes é de 10 días hábiles.

 

Máis información no BOP:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/06/13/2019_0000004628.html