O servizo de emprego de COGAMI desprázase ata o rural das comarcas de Muros, Noia, Barbanza e Sar para atender ás persoas usuarias

O servizo de emprego de COGAMI desprázase ata o rural das comarcas de Muros, Noia, Barbanza e Sar para atender ás persoas usuarias

Escrito el 13/06/2019


O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) que ten COGAMI habilitado para atender ás persoas con discapacidade que buscan emprego está situado nas instalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten nas sete cidades galegas. Sen embargo, moitas das persoas que demandan este servizo viven en zonas rurais por iso, co fin de facerlles unha atención máis doada, durante dous días á semana un profesional desprázase ata estas zonas.

 

Iván Lamela é un dos orientadores laborais que ten COGAMI nas instalacións de Santiago e que se despraza ata concellos que forman parte das comarcas de Muros, Noia, Barbanza e Sar. Son arredor de 9.000 quilómetros anuais os que percorre Iván Lamela para coñecer as necesidades das persoas usuarias dos concellos que atende. Estes desprazamentos que realiza o servizo de orientación laboral pretenden achegar o servizo ao entorno rural e evitar que sexan as persoas usuarias as que se teñan que desprazar ata as cidades, dadas as dificultades de desprazamento que existen nas zonas rurais, con núcleos de poboación dispersa, falta de transporte público e, no caso de habelo, non é adaptado.

 

É dende o ano 1998 que o SIL ten operativo este servizo de atención no medio rural dos concellos limítrofes coa cidade de Santiago. Mediante contacto telefónico ou vía correo electrónico, o orientador concreta unha cita presencial coa persoa usuaria do servizo de emprego e formación, onde actualizará o seu curriculum, os datos persoais e tamén lle preguntará polas inquedanzas e preferencias para desenvolver un posto de traballo.

 

As persoas que contactan por primeira vez co servizo fano tras ser informadas por persoas coñecidas que xa están inscritas na bolsa de emprego de COGAMI ou tamén porque son informadas da súa existencia a través dos servizos municipais de Orientación Laboral ou de Traballo Social. Existe un contacto fluído con estes servizos da administración local e COGAMI, polo que cada vez que lles pide atención unha persoa con discapacidade, os profesionais destes servizos encárganse de derivalas a COGAMI. Precisamente, moitos dos puntos de atención son nas instalacións municipais que ceden os concellos.

 

Nas comarcas de Muros, Barbanza, Noia e Sar están apuntadas na bolsa de emprego que manexa COGAMI un total de 951 persoas, como reflicte o seguinte recadro:

 

concello

homes

mulleres

total

Dodro

7

11

18

Padrón

49

30

79

Rois

9

8

17

Boiro

110

51

161

A Pobra de Caramiñal

40

31

71

Rianxo

56

25

81

Ribeira

102

56

158

Lousame

13

14

27

Noia

80

70

150

Outes

21

14

35

Porto do Son

29

18

47

Carnota

19

4

23

Muros

47

20

67

Mazaricos

11

6

17

TOTAL

593

368

951

 

           

Destas persoas integrantes na base de datos, durante o ano 2019, o orientador laboral Iván Lamela realizou un total de 106 orientacións.

 

En canto aos perfís predominantes, resalta Iván Lamela que as persoas que están chegando a este servizo fano despois de ter aprobada unha incapacidade permanente total para profesión habitual. Isto require que teñan que reorientar a súa nova vida laboral, polo que necesitan reciclarse. Para isto COGAMI imparte formacións como os cursos de xestión de almacén, carretilleiro e manipulación de alimentos que se impartiu en Boiro ou tamén as accións de mellora de empregabilidade con temática de manexo das TIC orientada á busca de emprego.

 

Unha das funcións que ten o servizo de orientación laboral é manter o contacto fluído coas empresas da zona para sensibilizar e informar sobre os perfís de persoas que contén a base de datos. No que vai de ano, foron 50 as empresas contactadas.

Segundo datos que manexa esta área, durante este ano foron 70 as persoas inseridas laboralmente, 21 destas na comarca do Sar, 109 na da Barbanza, 32 na de Noia e 27 persoas atoparon traballo durante este 2019 na comarca de Muros.