A QUINTA FEIRA DO LIBRO DE RIVEIRA ABRIU AS SÚAS PORTAS CO PREGÓN DE ANXO MOURE

A QUINTA FEIRA DO LIBRO DE RIVEIRA ABRIU AS SÚAS PORTAS CO PREGÓN DE ANXO MOURE

Escrito el 13/06/2019


A V Feira do Libro de Riveira abriu as súas portas esta mañá na praza do Concello cunha proposta que na que a venta de obras literarias de diversos xéneros con descontos do 10% no parque expositivo se combina cunha completa e atractiva programación para lectores e lectoras de todas as idades.

 

O contacontos e escritor chantadés Anxo Moure foi o encargado de ofrecer un pregón que constituíu un reivindicativo alegato a prol tanto do libro como  da educación e o medio ambiente, con referencias a fitos do pasado riveirense como o pesqueiro “Xurelo” ou as protestas contra o expolio da area das dunas de Corrubedo.

 

Antes do pregón, interviñeran o alcalde Manuel Ruiz e o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, con sendas intervencións nas que fixeron unha acendida defensa do valor do libro para a liberdade do ser humano. O evento estivo conducido por Nani Regueira, coordinadora da Federación de Libreiros de Galicia.

 

Entre os asistentes figuraron ducias de nenos e nenas do colexio O Grupo que tiveron a ocasión de asistir uns intres antes a un espectáculo infantil ofrecido polo propio Anxo Moure.

 

A programación continúa esta tarde coa presentación ás 19 horas de “Liñas compartidas”, de editorial Toxosoutos, con Patricia Torrado (editora) e diversos participantes no libro; mentres que ás 20 horas Xabier López Marqués presentará o seu poemario “Arró”.

 

A V Feira do Libro estará aberta ata este domingo co seguinte horario: xoves e venres de 11.30 a 14 e de 18 a 21.30 horas e sábado e domingo de 12 a 14.30 e de 18 a 21.30 horas. Conta con stands da Libraría Pedreira, a Libraría Cortizas, Ler Libraría da Pobra do Caramiñal e Libraría Cartabón, ademais da Deputación da Coruña.

 

Programación do día fía 14

 

12:00

Actividade infantil “ROMARÍA. Contos e lendas da nos aterra”. Visita a Feira do Libro con Raquel Queizás. Participa o alumnado dos colexios de Ribeira.

18:30

Actividade infantil. Contando historias (Biblioteca Provincial da Coruña).

19:00

Presentación do Club de Lectura DixitalEbibliotecadacoruna Club Lector, pola Biblioteca Provincial da Coruña.

19:30

Presentación de “Compañeira, non serva” (Ed. Toxosoutos) de Rosario Regueira. Con Patricia Torrado.

19:30

Ledicia Costas asina “Infamia”e outros libros, na caseta da Secretaría.

20:30

Escritores e escritoras de Ribeira naFeira do Libro. Charla coloquio con Uxía Casal, Antonio Piñeiro e Antonio Tizón.