CLAUSURA DOS TALLERES DE ENRIQUECEMENTO EDUCATIVO DE PALMEIRA E RIVEIRA

CLAUSURA DOS TALLERES DE ENRIQUECEMENTO EDUCATIVO DE PALMEIRA E RIVEIRA

Escrito el 14/06/2019


O pavillón de Palmeira foi o escenario escollido para a clausura do obradoiro de enriquecemento educativo no curso 2018-2019 que tivo lugar de outubro a xuño no marco do Programa de Dinamización Social e Cultural dos Nosos Maiores que desenvolven os Servizos Sociais Comunitarios.

 

Ata a aula multiusos deste centro desprazáronse un grupo da localidade palmeirá e dous de Santa Uxía co fin de escenificar un peche no que distintas asistentes deron lectura a un traballo elaborado no transcurso do taller que versou sobre catro entidades Patrimonio da Humanidade: a catedral de Santiago, o camiño de Santiago, as murallas de Lugo e a torre de Hércules da Coruña.

 

Ata alí se desprazou tamén para felicitalas por tan bo traballo o tenente de alcalde Emilio Pérez Outeirán.

 

O obradoiro estivo conducido pola voluntaria de Servizos Sociais, Maruja Gago.