O veleiro Laion de COGAMI inicia tempada de verán realizando travesías polas rías galegas con persoas con discapacidade a bordo

O veleiro Laion de COGAMI inicia tempada de verán realizando travesías polas rías galegas con persoas con discapacidade a bordo

Escrito el 14/06/2019


O veleiro Laion da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia tempada de verán, ofrecendo a oportunidade de achegarse ao mundo da navegación a persoas con discapacidade. Un ano máis, e xa van 17, inicia a tempada do proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada).

O Laion é un veleiro que foi incautado en 2002 ao narcotráfico e, dende que o ten cedido en garda e custodia a asociación membro de COGAMI Adisbismur (Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros) posibilita que as persoas con discapacidade poidan participar en actividades náutico-deportivas. Dotado de adaptacións como son un guindastre, que permite embarcar a persoas con mobilidade reducida, e uns asentos ou backets, tamén adaptados, o Laion permite o acceso á embarcación a calquera persoa.

Dende finais de xuño arranca a tempada do Laion que, xunto co mes de xullo e agosto, vai permitir que máis de 200 persoas, distribuídas en quendas de 8 persoas por travesía, teñan a oportunidade de participar de travesías de tres horas polas rías galegas e aprender nocións básicas sobre a navegación a vela, así como a realización de nós náuticos, o manexo do temón ou vocabulario propio da arte da navegación.

A primeira travesía do Laion inicia na ría de Ribadeo, o luns 17 de xuño e o mércores 19 de xuño con catro grupos que sairán navegar na quenda da mañá que é de 11 a 14 horas e na da tarde que se desenvolve de 16 a 19 horas. Do 24 ata o 28 de xuño a embarcación navegará pola ría de Pontevedra onde participarán diferentes entidades da discapacidade da zona. Durante o mes de xullo o veleiro estará os días 1, 2 e 3 na ría de Muros, os días 5 e 6 estará navegando pola ría de Camariñas, os días 9 e 10 de xullo estará no porto de A Coruña e os días 12 e 13 de xullo serán os da zona da comarca de Ares as persoas que probarán a navegar.

A continuación detallamos nesta táboa as travesías, os horarios e as entidades e centros que participan no proxecto GAVEA no verán 2019:AUTISMOS DE MAR (RIBADEO)

RÍA DE RIBADEO

Luns 17 de xuño

11 a 14 horas

FRATERNIDAD

Luns 17 de xuño

16 a 19 horas

FRATERNIDAD

Mércores 19 de xuño

11 a 14 horas

centro FINGOI de COGAMI Lugo

Mércores 19 de xuño

16 a 19 horas

centro FINGOI de COGAMI Lugo

RÍA DE PONTEVEDRA

PORTONOVO

Luns 24 de xuño

11 a 14 horas

centro MEDELO de COGAMI Deza

Luns 24 de xuño

16 a 19 horas

Asociación AMIZADE de Pontevedra

SANXENXO

Martes 25 de xuño

11 a 14 horas

centro MONTEPORREIRO de Pontevedra

Martes 25 de xuño

16 a 19 horas

Asociación AIXIÑA de Ourense

COMBARRO

Mércores 26 de xuño

11 a 14 horas

Asociación AIXIÑA de Ourense

Mércores 26 de xuño

16 a 19 horas

Federación DISCAFIS COGAMI Ourense

BELUSO

Xoves 27 de xuño

11 a 14 horas

Asociación APAMP de Vigo

Xoves 27 de xuño

16 a 19 horas

Asociación VONTADE de Baixo Miño

SANXENXO

Venres 28 de xuño

11 a 14 horas

Asociación ADAPTA de Ponteareas

Venres 28 de xuño

16 a 19 horas

centro de COGAMI en Mos

RÍA DE MUROS

Luns 1 de xullo

11 a 14 horas

Asociación ADISBISMUR de Muros

Luns 1 de xullo

16 a 19 horas

Asociación ADISBISMUR de Muros

Martes 2 de xullo

11 a 14 horas

Asociación ADISBISMUR de Muros

Martes 2 de xullo

16 a 19 horas

Asociación ADISBISMUR de Muros

Mércores 3 de xullo

11 a 14 horas

Asociación MISELA de Noia

Mércores 3 de xullo

16 a 19 horas

Asociación DISVALIA de Valdeorras

RÍA DE CAMARIÑAS

Venres 5 de xullo

11 a 14 horas

Asociación INTEGRO da Costa da Morte

Venres 5 de xullo

16 a 19 horas

Asociación INTEGRO da Costa da Morte

Sábado 6 de xullo

11 a 14 horas

Asociación ASDIFICA de O Carballiño

Sábado 6 de xullo

16 a 19 horas

Asociación APEM de Cee

RÍA DA CORUÑA

Martes 9 de xullo

11 a 14 horas

COGAMI CORUÑA

Martes 9 de xullo

16 a 19 horas

Asociación ACEM CORUÑA

Mércores 10 de xullo

11 a 14 horas

Asociación AMARAI de Arzúa

Mércores 10 de xullo

16 a 19 horas

Asociación ALCER CORUÑA

RÍA DE ARES

Venres 12 de xullo

11 a 14 horas

Asociación ASPANAES de Santiago

Venres 12 de xullo

16 a 19 horas

COGAMI FERROL

Sábado 13 de xullo

11 a 14 horas

COGAMI FERROL

 

Este proxecto denominado GAVEA (Galicia Vela Adaptada) é posible coa financiación de Ence Energía y Celulosa, S.A. (ENCE), ademais dos clubs náuticos que ceden os amarres, como é o caso do Real Club Náutico de Ribadeo, o Club Náutico Ría de Ares, Club Náutico de Portonovo, Real Club Náutico de Sanxenxo, Marina Combarro, Club Náutico de Beluso, Marina Muros ademais do Club Náutico de Camariñas e o Real Club Naútico de A Coruña.

 

O GAVEA permite a participación en actividades náutico- deportivas a todas as persoas, derribando as barreiras que impiden o uso do medio mariño. Dende que iniciou este proxecto, conta con máis de 4.000 participantes, converténdoa nunha das actividades de lecer que conta con máis demanda por parte das persoas usuarias dos centros e entidades de COGAMI, así como entre as entidades do movemento asociativo.

 

Características do veleiro Laion

O Laion, de 13 metros de eslora, ten unha capacidade máxima para 10 persoas: 2 tripulantes, que son persoas voluntarias que ceden o seu tempo para participar neste proxecto, 6 participantes con algunha discapacidade e outras 2 persoas acompañantes.

 

A embarcación conta con adaptacións para facer practicable a navegación, como un guindastre instalado na botavara que permite embarcar ás persoas con mobilidade reducida dende o pantalán ata uns backets instalados na bañeira do barco. O control da embarcación conta cun winche eléctrico que se activa a través dun pulsador electrónico que facilita o seu goberno.

 

Ao longo dos anos, o proxecto GAVEA participou e eventos náuticos tanto galegos como internacionais, como foron a Volta Náutica a Galicia, a Xira Náutica Costa da Morte, a Regata S.A.R. Infanta Elena, a Regata Inicial da Volvo Ocean Race, a viaxe ao Fórum Barcelona 2004, as singraduras pola Costa Cantábrica, a 32ª Edición de la America´s Cup de Vela- Valencia 2007 realizando actividades de vela adaptada durante o transcurso da mesma, a Regata Teresa Herrera, a Regata Tall Ship Race, ou a I Travesía Náutica Xacobea.

 

Este proxecto, aparte de achegar o mar e a navegación á discapacidade, tamén contribúe na sensibilización, concienciación e inclusión social. Todas as visitas que o Laion efectúa nos diferentes portos nos que atraca serven para amosar a diversidade na que vivimos.