A XUNTA EXECUTA ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA NO RÍO DE SAN XUSTO E O REGO DE VILABOA, AO SEU PASO POLO CONCELLO DE NOIA

A XUNTA EXECUTA ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA NO RÍO DE SAN XUSTO E O REGO DE VILABOA, AO SEU PASO POLO CONCELLO DE NOIA

Escrito el 16/06/2019


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación nos río de San Xusto e o rego de Vilaboa, ao seu paso polo concello coruñés de Noia.

 

Estes traballos de mantemento levaranse a cabo nos treitos interurbanos deste ríos ao seu paso polas parroquias de Noia (San Martiño), Barro (Sta Cristina), Obre (Sta Mariña) e Argalo (Sta María).

 

A actuación comeza polo San Xusto e estenderase ao longo dun treito do río de case 1,5 quilómetros, e no rego de Vilaboa intervirase nun tramo de máis dun quilómetro de lonxitude.

 

As obras centraranse no desbroce de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

 

Estas acción da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade se enmarcan no programa de mantemento de Augas de Galicia, de conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Centro e as súas zonas de acceso e protección.

 

Este tipo de traballos permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.