O CENTRO CULTURAL LUSTRES RIVAS EXHIBIRÁ UNHA EXPOSICIÓN COLECTIVA DE 24 CREADORES DA ASOCIACIÓN DE ARTISTAS DA CORUÑA

O CENTRO CULTURAL LUSTRES RIVAS EXHIBIRÁ UNHA EXPOSICIÓN COLECTIVA DE 24 CREADORES DA ASOCIACIÓN DE ARTISTAS DA CORUÑA

Escrito el 17/06/2019


Un total de 24 creadores pertencentes á Asociación de Artistas da Coruña van expoñer a partir deste venres no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira coa colección “Encontros”. Incluída na programación do Xuño da Cultura e as Artes, a mostra será inaugurada este venres día 21 de xuño ás 21 horas.

 

Os autores participantes son: José Antonio Varela Busto, Fernando Rivera Frade, Jaime Muinelo Grueira, Ricardo Pena-Cagigao, Antonio Cuadrado González, Francisco Otero Parra, Teresa López Ameijeiras, María José Freire Cisneros, Ángeles Bello Álvarez, Rebeca Novo Castro, Marisé de Andrés Cores, Ulpiano Guitián Freire, Dolores Vivero, Francisco García Ibarra, Miguel Zelada Jurado, Antonio López Portero, María José Fiaño Lois, Maricarmen Calviño Iglesias, Joaquín Castiñeira Bermúdez, Giovanni Ramírez, Marisa Rodríguez García, Marcial Ortiz Martín, Chelo Lema Varela e Luis Francisco Colino Incera.

 

A Asociación de Artistas da Coruña foi fundada no ano 1934 por unha serie de persoas vinculadas ao mundo da arte, entre as que cabe destacar a José Seijo Rubio, Fernando Álvarez de Sotomayor, Francisco Llorens, Dolores Díaz Baliño e Rafael González Villar. Case desde a súa fundación tivo a súa sede e sala de exposicións na rúa Rego de Auga, 32 baixo da Coruña onde desenvolveu un inxente labor de fomento e divulgación da arte galega, realizando un gran número de exposicións. Pola sala pasaron, ademais das aludidas anteriormente, figuras como Díaz Pardo, Colmeiro, Laxeiro, María Corredoira, Lago Rivera e un longo etcétera que forman xa parte do patrimonio histórico artístico de Galicia. Na actualidade centra a súa actividade en difundir na provincia o facer artístico dos seus asociados.

 

Poderá ser visitada ata o 27 de xullo, de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas.