Normas para celebrar as cacharelas de San Xoán do ano 2019 en Ribeira

Normas para celebrar as cacharelas de San Xoán do ano 2019 en Ribeira

Escrito el 18/06/2019


Con motivo da tradicional e arraigada festa de San Xoán, ao obxecto de previr calquera tipo de incidente co uso do lume, e garantir unhas condicións de limpeza e hixiene adecuadas dos espazos públicos para que poidan ser gozados ao día seguinte pola cidadanía en perfectas condicións, esta Alcaldía establece as normas para celebrar as cacharelas de San Xoán do ano 2019, que son as seguintes:

A. CONDICIÓNS XERAIS:

- Este Bando afecta unicamente a aquelas cacharelas que sexan realizadas o día 23 de xuño, a partir das 18.00 horas, as cales deberán quedar perfectamente apagadas antes das 06.00 horas do día seguinte.

- Unicamente poderán ser realizadas aquelas fogueiras que teñan efectuada a comunicación, por escrito, ao Concello de Riveira. Estas comunicacións só se poderán presentar no Rexistro do Concello, ou no Rexistro Electrónico desta Entidade, entre os días 6 e 20 de xuño de 2019, séndolle de aplicación o disposto neste Bando. As cacharelas poderán realizarse unicamente o día 23 de xuño, salvo excepcións debidamente xustificadas por mor de celebracións tradicionais festivas.

- Só se autorizan as cacharelas en solo urbano (núcleos urbanos) e en solo de núcleo rural (núcleos rurais), sen prexuízo das autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos doutras Administracións ou Entidades con competencias sobre o ámbito portuario, a zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, o dominio público marítimo-terrestre...

- Queda prohibido realizar lume en solo rústico con calquera uso (agropecuario, forestal...), así como en zonas próximas a terreos destas características que sexan susceptibles de causar un lume incontrolado, de acordo coa lexislación vixente.

- Non se poderán realizar fogueiras nos areais. Para realizalas nas súas proximidades será preciso que conten coas autorizacións das Administracións competentes, dependendo da localización: Demarcación de Costas en Galicia; Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Portos de Galicia...

B. MEDIDAS PREVENTIVAS:

- Previamente ao inicio da fogueira, farase unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos cinco metros de longo, rodeando o perímetro que se vai queimar.

- Non se prenderá lume preto de masas forestais ou matogueiras (50 metros de distancia mínima), nin a menos de 15 metros de calquera edificación, tendido eléctrico, instalación de calquera tipo ou vehículo.

- Non poderá iniciarse ningunha fogueira cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento. Asemade, se iniciado o lume se producise a aparición de vento intenso, procederase a apagalo.

- A fogueira deberá contar co persoal e co material suficiente para o seu debido control. Dado o elevado risco para a seguridade e saúde das persoas que as levan a cabo, en ningún caso se levarán a cabo individualmente.

- Non se abandonará a vixilancia da zona da fogueira ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.

- Os responsables da organización deberán ter a man mangueiras de auga ou calquera outro medio adecuado para a extinción do lume.

- O montón de materiais que formen a cacharela non poderá exceder de 1,5 metros de altura, salvo casos concretos debidamente xustificados polas especiais medidas de seguridade adoptadas, coma o caso da fogueira de San Xoán de Palmeira.

La autenticidad de este documento se puede comprobar con el código 07E300058E1D00X0X2P3M0Y9F0 en la Sede Electrónica de la Entidad

FIRMANTE - FECHA

DOCUMENTO: 20190364061

Fecha: 06/06/2019 Hora: 12:54

MANUEL SANTOS RUIZ RIVAS-ALCALDE PRESIDENTE EN FUNCIONES - 06/06/2019 serialNumber=S2833002E,CN=Sello de tiempo TS@ - @firma,OU=Secretaría General de Administración Digital,O=Secretaría de Estado de Función Pública,C=ES - 06/06/2019 12:54:16

- Non se abandonará a vixilancia da fogueira ata que o lume estea totalmente apagado e transcorresen dúas horas sen que se observen lapas ou brasas.

C. OUTRAS MEDIDAS/CONDICIÓNS:

- Está prohibida a queima de todo tipo de residuos (materiais en cuxa composición interveña o plástico, colchóns, rodas, aerosois, produtos inflamables ou explosivos...), debido aos gases tóxicos que produce a súa queima.

- Fogueiras sobre pavimentos en zonas urbanas. Excepcionalmente permitirase facer a cacharela sobre pavimentos de zonas urbanas (asfaltado, embaldosado...), sempre e cando se faga sobre unha capa de area de polo menos 10 centímetros, ou se coloque algún outro elemento que garanta unha protección adecuada.

- Non se poderán realizar fogueiras que interrompan e/ou deterioren estradas, camiños, zonas verdes...

- Será obrigatoria a limpeza do espazo autorizado, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento da fogueira e/ou sardiñada, nun prazo máximo de 12 horas despois de rematada.

D. AUTORIZACIÓN:

- ENTENDERANSE AUTORIZADAS AS CACHARELAS SOLICITADAS SE NON MEDIA DENEGACIÓN EXPRESA PREVIA Á DATA DA CELEBRACIÓN, E SEMPRE E CANDO SE CUMPRAN AS MEDIDAS E CONDICIÓNS SINALADAS NESTE BANDO.

E. RESPONSABILIDADES:

- A autorización outorgada non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos ou perdas a que houbera lugar no caso de que o solicitante concorra en neglixencia ou imprudencia.

F. REVOGACIÓNS:

2

- Este Concello, por iniciativa propia ou por instancia do Servizo Territorial de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, poderá revogar a autorización nos casos que non sexa posible garantir as medidas de seguridade e prevención de incendios.

- En caso de incumprimento do indicado, ou de queixas fundamentadas dos veciños, poderase requirir a extinción das fogueiras.

G. OBSERVACIÓNS:

- NON SON OBXECTO DE REGULACIÓN POR ESTE BANDO AS COMUNICACIÓNS DE QUEIMA DE RESTOS AGRÍCOLAS AMOREADOS, NIN AS AUTORIZACIÓNS DE QUEIMA DE RESTOS FORESTAIS, CUXA COMPETENCIA CORRESPONDE Á CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL. Sucede moitas veces que, estando os permisos suspendidos, algunhas persoas aproveitan as cacharelas de San Xoán para a queima deste tipo de materiais, pero estes feitos son motivo de denuncia.

- O cumprimento destas normas poderá ser comprobado polo GAEM, pola Policía Local, polos Bombeiros, e/ou por Axentes Forestais do Distrito Forestal IV, que darán conta das incidencias/infraccións detectadas.